O Estadio Carlos Tartiere, de nome idéntico ao antigo, é un estadio de fútbol da cidade asturiana de Oviedo, en España. Nel xoga os seus partidos como local o Real Oviedo dende 2000 e o campo recibe este nome polo primeiro presidente do club, Carlos Tartiere.

Ten capacidade para 30.500 espectadores, todos eles sentados. Ademais conta cun palco de honra e máis de 200 asentos VIP. O estadio está cualificado con catro estrelas pola UEFA.

Historia Foi inaugurado oficialmente o 20 de setembro de 2000 cun partido amigable entre o Oviedo e o Partizan de Belgrado, aínda que o día 17 xa se fixera de forma oficiosa nun partido de liga de Primeira División entre o Oviedo e a UD Las Palmas. O primeiro gol neste estadio marcouno o xogador da UD Las Palmas, Robert Jarni, de penalti.

Partidos internacionais Fase de clasificación para o Mundial de 2002:

Fase de clasificación para a Eurocopa de 2008:

Fase de clasificación para a Eurocopa Sub-21 de 2011:

Véxase tamén

Outros artigos Estadio Carlos Tartiere (1932) Ligazóns externas Sitio web do Real Oviedo Sitio web CarlosTartiere.com

Categoría:Estadios de fútbol de Asturias Categoría:Real Oviedo