Melodía Ruiz Gutiérrez, nada en Dos Hermanas (provincia de Sevilla) o 18 de outubro de 1990, é unha cantante andaluza de música pop, máis coñecida como Melody.
Traxectoria Naceu nunha familia estreitamente ligada á música, xa que o seu pai, Lorenzo, formou o grupo The Quiyos xunto con outros familiares. Melody interesouse pola música e a danza desde moi nova.
O seu pai mandoulle unha gravación da súa filla a El Fary, co que traballara, e este tornouse produtor executivo e buscou músicos, autores, produtores e estudios para dar forma ao primeiro álbum da rapaza. O seu primeiro disco "De pata negra" acadou o éxito en España, o que lle permitiu embarcar en xiras internacionais por América Latina e os Estados Unidos de América. O disco deulle fama con só dez anos de idade e levouna a colaborar con outros artistas como Andy y Lucas.
En 2008 lanzou o seu quinto álbum, Los buenos días. En decembro dese ano anunciou a súa candidatura para representar a España no Festival de Eurovisión 2009 coa canción "Amante de la Luna", acompañada do grupo de danza Los Vivancos. O 19 de febreiro Los Vivancos, nun comunicado, indicaron que "non se cumpriran as esixencias técnicas e artísticas necesarias para defender a súa candidatura coa calidade e profesionalidade esixidos e Melody sairía soa na disputa para representar a España no Festival de Eurovisión 2009".
Discografía De pata negra (2001) Mover (2002) T.Q.M. (2003) Melody (2004) Los buenos días (2008) Mucho camino por andar (2014)
Colaboracións "La fuerza de mi corazón", con Abraham Mateo (2008)
Notas
Categoría:Personalidades do pop Categoría:Cantantes de España Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Dos Hermanas