O Arenas Club de Getxo (en éuscaro: Getxoko Arenas) é un club de fútbol vasco, da cidade de Getxo en Biscaia. Foi fundado en 1909 e xoga no Grupo 2 da Segunda División B.
Foi un dos equipos máis importantes do fútbol español durante o primeiro terzo do século XX cando gañou 1 Copa do Rei en 1919 e 3 subcampionatos en 1917, 1925 e 1927. Ademais, xogou 7 tempadas consecutivas en Primeira División.
Historia As primeiras manifestacións de fútbol na cidade datan do 1901, pero non foi ata o 1909 cando se fundou o Arenas Football Club. O ano 1912 pasou a denominarse Arenas Club e o 1917 adoptou a denominación definitiva de Arenas Club de Getxo.
O club destacou principalmente ao primeiro terzo de século XX. Estableceu unha forte rivalidade coa Athletic Club de Bilbao. Non foi ata o 1917 que conseguiu vencer no Campionato Norte vencendo o resto de equipos vascos. Este mesmo ano foi finalista da Copa de España pero foi derrotado polo Madrid na final disputada en Barcelona. Dous anos máis tarde gañou o campionato de Biscaia e proclamouse campión de Copa ao vencer ó Barça na final o 18 de maio de 1919 ao estadio Martínez Campos de Madrid cun marcador final de 5-2. A aliñación do equipo foi Jáuregui; Vallana, Careaga; Uriarte, Arruza, José María Peña; Ibaibarriaga, Pagaza, Sesúmaga, Barturen e Florencio Peña. O club aínda foi dous veces máis finalista de Copa os anos 1925 e 1927.
O ano 1928 o Arenas foi un dos 10 equipos seleccionados para disputar a primeira liga española, na que rematou quinto. A seguinte tempada, a 1929-30, rematou terceiro, a súa mellor clasificación. Aqueles anos o fútbol empezou a profesionalizarse e o Arenas empezou a perder importancia. Rematou 10º e último a tempada 1933-34, pero a ampliación da categoría a 12 equipos salvárono do descenso. A seguinte campaña rematou 12º e perdeu a categoría, que nunca máis volveu recuperar. En total xogou 7 tempadas na Primeira División. O seu último grande éxito foi a vitoria na Copa Vasca da tempada 1935-36.
O ano 1944 baixou a Terceira División. Só volveu subir a Segunda B na tempada 1979-80.
Datos do club Tempadas en 1ª: 7 Tempadas en 2ª: 6 Tempadas en 2ªB: 1 Tempadas en 3ª: 59 (Incluída a 2012/13) Mellor posto na liga: 3º (Primeira División, tempada 1929–30). Peor posto na liga: 12º (Primeira División, tempada 1934–35).
Historial na liga TempadaCategoríaPosto1928/291ª5º1929/301ª3º1930/311ª5º1931/321ª5º1932/331ª7º1933/341ª10º1934/351ª12º1935/362ª2º1939/402ª7º1940/412ª8º1941/422ª7º1942/432ª4º1943/442ª12º1944/453ª2º1945/463ª1º1946/473ª1º1947/483ª8º1948/493ª13º1949/503ª3º1950/513ª10º TempadaCategoríaPosto1951/523ª16º1952/533ª10º1953/543ª3º1954/553ª9º1955/563ª4º1956/573ª4º1957/583ª4º1958/593ª7º1959/603ª1º1960/613ª3º1961/623ª3º1962/633ª2º1963/643ª3º1964/653ª5º1965/663ª9º1966/673ª6º1967/683ª7º1968/693ª15º1969/703ª15ºde 70-71Rexional— TempadaCategoríaPostoa 75-76Rexional—1976/773ª13º1977/783ª13º1978/793ª2º1979/802ªB18º1980/813ª2º1981/823ª18º1982/83Rexional—1983/843ª6º1984/853ª11º1985/863ª13º1986/873ª12º1987/883ª13º1988/893ª14º1989/903ª17º1990/913ª10º1991/923ª8º1992/933ª8º1993/943ª6º1994/953ª19º TempadaCategoríaPosto1995/96Rexional—1996/97Rexional—1997/983ª13º1998/993ª8º1999/003ª3º2000/013ª7º2001/023ª9º2002/033ª10º2003/043ª10º2004/053ª7º2005/063ª5º2006/073ª11º2007/083ª12º2008/093ª12º2009/103ª15º2010/113ª7º2011/123ª14º2012/133ª2º
Xogadores destacados Guillermo Gorostiza Javier Iturriaga Raimundo Lezama Joseba del Olmo Félix Sesúmaga José María Zárraga
Adestradores destacados Javier Clemente
Palmarés Torneos nacionais Copa do Rei (1): 1919. Subcampión da Copa do Rei (3): 1917, 1925, 1927.
Torneos rexionais Campionato do Norte (3): 1917, 1919, 1922. Campionato de Biscaia (2): 1925, 1927. Copa Vasca (1): 1936.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Páxina do Arenas en futbolme.com
Arenas Categoría:Equipos do grupo 2 da Segunda División RFEF Categoría:Getxo Categoría:Gañadores da Copa do Rei de fútbol