Alejandro "Álex" López Sánchez, nado en Ferrol o 11 de xaneiro de 1988, é un exfutbolista galego, que xogaba de centrocampista.

Traxectoria Formouse nas categorías inferiores do Racing de Ferrol e debutou co primeiro equipo con só 15 anos, nun partido ante o Deportivo da Coruña no Trofeo Concepción Arenal de 2003. O seu debut en partido oficial produciuse o 15 de maio de 2005, nun partido da Segunda División. Con tan só dezasete anos Álex substituíu o seu compañeiro Cyril Granon no minuto 78 do partido que enfrontaba os ferroláns contra o Club Deportivo Tenerife, e que se saldou cun empate a dous tantos.

Pola falta de oportunidades no Racing, decidiu buscar outros equipos nos que demostrar as súas posibilidades. Así, tras lograr a carta de liberdade, no mercado de inverno da tempada 2006/07 asinou polo Narón Balompé da Terceira División. Tras tres campañas nesta categoría, os seus numerosos goles espertaron o interese do Celta de Vigo, polo que o 3 de xuño de 2009, e tras unha dura pugna entre o o club vigués e o Racing de Ferrol, confirmouse finalmente a súa fichaxe polo club celesteÁlex López pecha a puerta ao Racing.

Tras pasar uns meses no filial celeste, o 9 de xaneiro de 2010 é convocado por Eusebio Sacristán para o duelo que o Celta disputou contra o Nàstic de TarragonaÁlex López: "Debutar marcando sería un soño". Con todo, non chegou a xogar ningún minuto, e o seu debut como membro do primeiro equipo viuse aprazado ata o día 13 de xuño de 2010, no partido que enfrontaba o Celta de Vigo contra a Real Sociedad.

No verán de 2019 regresou á súa cidade natal para formar de novo no Racing de Ferrol. En febreiro de 2025 retirouse como futbolista e pasou a formar parte do organigrama do club ferrolán.

Selección galega dereita|miniatura|Álex López coa selección galega (2024).

Foi convocado pola selección galega para o partido contra Panamá disputado no Estadio de Balaídos o 31 de maio de 2024, que finalizou con derrota (0–2).

Clubs AnoClubDivisiónEncontros Goles 2004-2005 Racing de Ferrol Segunda 2 0 2005-2006 SD O Val (cedido) Terceira 2006-2007 Racing de Ferrol Segunda B 3 0 2007-2008 Narón BP Terceira 2008-2009 Narón BP Terceira 2009-2010 Celta de Vigo B Segunda B 36 13 2009-2010 Celta de Vigo Segunda 2 02010-2011 Celta de Vigo Segunda 35 32011-2012 Celta de Vigo Segunda 36 62012-2013 Celta de Vigo Primeira 33 22013-2014 Celta de Vigo Primeira 31 52014-2015 Celta de Vigo Primeira 25 1

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en www.futbolme.com

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Futbolistas de Ferrol Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores da SD O Val Categoría:Xogadores do Narón Balompé Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Sheffield Wednesday FC Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón Categoría:Xogadores do Brisbane Roar FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-17 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol internacionais coa selección de fútbol de Galicia