Temisto (do grego: Θεμιστώ), tamén coñecida coma , é unha pequena lúa irregular de movemento directo de Xúpiter. Foi descuberta no ano 1975, deuse coma perdida, para ser recuperada no ano 2000.

Descubrimento e nome Temisto foi descuberta por Charles T. Kowal e Elizabeth Roemer o 30 de setembro de 1975, o seu descubrimento foi anunciado o 3 de outubro de 1975,IAUC 2845: Probable New Satellite of Jupiter 3 de outubro de 1975 (descubrimento) e recibiu a designación provisional de . Pero como máis adiante non se puideron facer observacións para establece-la súa órbita, deuse coma 'perdida'.

Temisto aparecía nos anos 80 coma unha simple cita a pé de páxina. Todo cambiaría no 2000, un aparentemente novo satélite era descuberto por Scott S. Sheppard, David C. Jewitt, Yanga R. Fernández e Eugene A. Magnier, e foi designado provisionalmente coma . Ó pouco confirmaríase que este novo satélite era o mesmo obxecto co detectado no ano 1975. O anuncio do equipo de Sheppard IAUC 7525: S/1975 J 1 = S/2000 J 1 25 de novembro do 2000 (recuperación) foi inmediatamente corroborado cunha observación do 6 de agosto do 2000 feita polo equipo de Brett J. Gladman, John J. Kavelaars, Jean-Marc Petit, Hans Scholl, Matthew J. Holman, Brian G. Marsden, Philip D. Nicholson e Joseph A. Burns — unha observación que foi enviada ó Centro de Planetas Menores -Minor Planet Center- pero que non foi publicada nunha circular do UAI (IAUC).MPEC 2000-Y16: S/1975 J 1 = S/2000 J 1, S/1999 J 1 19 de decembro do 2000 (recuperación e efemérides)

En outubro do 2002 recibiría oficialmente o nome de Temisto[ http://www.cbat.eps.harvard.edu/iauc/07900/07998.html IAUC 7998: Satellites of Jupiter] 22 de outubro do 2002 (bautizando a lúa), o seu nome provén dunha das 50 nereidas, aínda que algúns autores sinalan que é a filla do deus fluvial Inachus.

Características miniatura|esquerda|290px|Diagrama que ilustra a órbita de Temisto (arriba a esquerda) en relación con outros satélites irregulares de Xúpiter. Os satélites por riba do eixo horizontal son de movemento directo, e os que están por baixo son de movemento retrógrado. Os segmentos amarelos representan a excentricidade orbital que se estende dende o pericentro ó apocentro. Temisto ten unha órbita infrecuente. Ó contrario ca meirande parte da lúas de Xúpiter, as cales orbitan en distintos grupos, Temisto orbita soa, a medio camiño entre as lúas de Galileo e o grupo de satélites Himalia.

Temisto ten uns 8 km en diámetro (asumindo un albedo de 0,04).Sheppard, S. S.; Jewitt, D. C.; An abundant population of small irregular satellites around Jupiter, Nature, 423 (maio de 2003), pp. 261-263

Notas

Efemérides IAU-MPC NSES Parámetros orbitais principais NASA JPL

Véxase tamén Outros artigos Aneis de Xúpiter Xúpiter

Ligazóns externas David Jewitt's pages Jupiter's Known Satellites (by Scott S. Sheppard)

Categoría:Lúas de Xúpiter