miniatura|Mosaico da virxe no Templo Votivo do Mar de Panxón. miniatura|Imaxe da virxe na Escola Naval Militar de Marín. Nosa Señora de Monte Carmelo, referida comunmente e máis coñecida como Virxe do Carme, é unha das diversas advocacións da Virxe María. Historia e características A súa denominación procede do chamado Monte Carmelo, en Israel, un nome que deriva da palabra Karmel ou Al-Karem e que se podería traducir como xardín. A relación co lugar procede de que uns seguidores do profeta Elías acamparon alí, foi unha aparición axudoulles a decidir o seu rumbo e tras disto declarárona a súa padroeira. Represéntase co neno Xesús no seu colo á dereita, e con cadanseus dous escapularios.
En España é patroa do mar e da Armada Española, e en Colombia das Forzas Armadas, a Policía e os Bombeiros. Esta advocación dá nome a todas aquelas persoas que se chaman Carme, Carmela ou Carmelo, celebrando a súa onomástica o día da festa da virxe, o 16 de xullo.
Existen hoxe en activo ordes carmelitas repartidas por todo o mundo, masculinas e femininas, as cales viran ó redor desta figura mariana.
O nome de Carme é un dos máis populares en Galicia.
Galería de imaxes A Virxe do Carme en Galicia
Véxase tamén
Outros artigos Carme (nome) Santoral Parroquias de Galicia baixo a advocación da Virxe do Carme
Ligazóns externas Páxina dos carmelitas .
Monte Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia