Elara (ou en grego Ελάρα) é unha lúa irregular de movemento directo do planeta Xúpiter. Foi descuberta por Charles Dillon Perrine no Observatorio Lick no ano 1905. É a oitava lúa máis grande de Xúpiter e recibiu o nome da nai do xigante Tityus (o seu pai era Zeus).

Elara non recibiría o seu nome oficialmeete ata o ano 1975; antes desta data era coñecida simplemente coma . Foi algunhas veces chamada tamén "Hera" entre os anos 1955 a 1975.

Elara pertence ó grupo de satélites Himalia, estas lúas orbitan Xúpiter a unha distancia de entre 11 e 13 millóns de quilómetros e cunha inclinación aproximada de 27,5°. Os elementos orbitais son de xaneiro do 2000, pero estes datos están en continuo cambio debido ás perturbacións causadas polo Sol e Xúpiter.

Encontro coa sonda New Horizons En febreiro e marzo do ano 2007, a sonda New Horizons, de viaxe cara Plutón, capturou varias imaxes LORRI a unha distancia duns cinco millóns de quilómetros.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Aneis de Xúpiter Xúpiter

Ligazóns externas Elara on 1998-08-15 03:21 UTC (Crédit : OHP/IMCCE/CNRS) / SkyView 23 47 09 -02 40 46 HORIZONS Web-Interface Elara Profileby NASA's Solar System Exploration David Jewitt pages Jupiter's Known Satellites (by Scott S. Sheppard)

Categoría:Lúas de Xúpiter