A Casanova é un lugar da parroquia dos Buxantes no concello coruñés de Dumbría na comarca de Fisterra. Tiña 58 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 24 homes e 34 mulleres. No 2024, segundo o Instituto Nacional de Estadística, tiña 39 habitantes, 15 homes e 24 mulleres. Demografía

Segundo o Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas en 1761 tiña sete veciños: Adrián Agulleiro (defunto; pai de Antonio Agulleiro); Antonio Agulleiro (25 anos; fillo de Adrián Agulleiro e de María Oanes, de 60); Antonia Lema (50 anos; cun fillo e unha filla); Caietano García (31 anos; cunha criada); María Blanca (50 anos; irmá de Bernarda Blanca, viúva de Jacobo Santos, e cun fillo de Bernarda, Ánxel); María de Lema (50 anos; nai de Juan Rodríguez, de 25) e Pedro Agulleiro (61 anos; pai de Joseph, de 31, soldado miliciano).

Notas

Lugares e parroquias Lugares da parroquia dos Buxantes

Parroquias de Dumbría

Casanova, A