miniatura|Pesca con explosivos A pesca con explosivos é unha práctica pesqueira consistente en facer detonar explosivos para aparvar ou matar cardumes de peixes e facilitar así a súa captura.

Características Este tipo de pesca, a miúdo considerada ilegal, pode ser extremadamente destrutiva para o ecosistema mariño, pois as explosións destruen o hábitat subxacente, por exemplo, os arrecifes de coral. Ademais, a propia natureza dos explosivos implica un alto grao de perigo para os propios pescadores, quen están expostos a accidentes, mutilacións ou mesmo a morte por artefactos defectuosos ou o mal cálculo da detonación.

Véxase tamén Ligazóns externas A pesca con explosivos Pesca con explosivos El Pais. El mayor proceso abierto contra la pesca con explosivos se cierra con un acuerdo

Categoría:Pesca Categoría:Explosivos