Atlanta é a capital e cidade máis extensa e poboada do estado de Xeorxia e a trixésimo terceira nos Estados Unidos en cantidade de habitantes en 2008. Ten unha poboación estimada de 537.958 habitantes. A súa área metropolitana, cuxo nome oficial é Atlanta-Sandy Springs-Marietta, GA MSA (coñecida comunmente como Atlanta Metropolitana), é a novena área metropolitana con maior poboación do país, con aproximadamente 5,5 millóns de habitantes. Como na maior parte do Cinto do Sol, a rexión de Atlanta experimentou un importante crecemento nos anos 2000, xa que engadiu máis dun millón de habitantes entre 2000 e 2008. Este foi o maior crecemento de calquera área estadounidense por detrás do Dallas-Fort Worth Metroplex. Cun ingreso bruto de 270.000 millóns de dólares, a economía de Atlanta está situada no posto número 15 entre as cidades do mundo e no sexto posto nos Estados Unidos.

Considerada como unha cidade de negocios e centro de transporte, Atlanta é a sede mundial de The Coca-Cola Company, AT&T Mobility e Delta Air Lines. Ademais, a cidade ten a terceira maior concentración de empresas da Fortune 500 e máis do 75% das compañías de Fortune 1000 teñen a súa sede nesta área metropolitana. O Aeroporto Internacional Hartsfield-Jackson, situado a once quilómetros ao sur do centro de Atlanta, é o aeroporto máis transitado do mundo e o único que cobre os servizos da cidade.

Atlanta é, tamén, a sede do condado de Fulton e a quinta situación da sede do goberno do estado de Xeorxia. Unha pequena parte dos límites da cidade de Atlanta limitan co condado de DeKalb.

Historia O lugar que ocupa hoxe Atlanta era territorio cherokee e creek, ata a deportación destas tribos. Este territorio foi cedido ao estado de Xeorxia polos indios americanos da tribo creek en 1821. A cidade foi fundada no 1836. En 1847 recibiu a categoría de cidade. Durante a Guerra Civil, tiña unha poboación de 15.000 habitantes, e converteuse nun importante nodo ferroviario. O 1 de setembro de 1864, durante a Guerra Civil, o xeneral confederado John Bell Hood evacuou a cidade despois de catro meses de asedio das tropas federais. O 7 de setembro de 1864 o alcalde James Calhoun rendeu a cidade aos invasores.

Atlanta era un destacado centro de abastecemento das tropas confederadas, polo que se converteu en obxectivo da campaña do xeneral William Tecumseh Sherman dende Chattanooga. Varias grandes batallas tiveron lugar nas súas proximidades, antes de ser tomada o 1 de setembro de 1864.

O 15 de novembro, Sherman queimou case toda a cidade antes de partir cara ao mar. Atlanta recuperouse rapidamente trala Guerra Civil, e foi escollida capital do estado no 1868, decisión que se fixo definitiva logo da votación popular no 1877. No 1900 transformouse na maior cidade do estado.

miniatura|100px|esquerda|Mapa do territorio onde se levantaría Atlanta, 1815. En terras de indios creeks e cherokees onde existía unha aldea importante, Standing Peachtree na confluencia do Peachtree Creek no río Chattahoochee, onde tamén o exército estadounidense inda en loita cos ingleses levantara en 1814 Fort Gilmer (despois Fort Peachtree), os asentamentos de poboación branca comezaron na década dos vinte (Decatur, 1822) no que hoxe constitúe a parte oriental da área metropolitana de Atlanta.

Nacemento coma terminal ferroviaria En 1835, algúns líderes cherokees cederon aos Estados Unidos de América os terreos do oeste onde se aprobou ao ano seguinte a construción da terminal oriental do ferrocarril Western & Atlantic Railroad (a occidental estaba en Chattanooga, Tennessee). En 1837 decidiuse o punto exacto que se chamou por iso Terminus. Supuxo o comezo de Atlanta. miniatura|dereita|250px|Atlanta, 1853; primeiro mapa da cidade, E.Vincent.

En 1839, J. Thrasher construíu casas e un almacén a rentes da terminal polo que o asentamento foi chamado Thrasherville. Para aquela data os indios foran evacuados do territorio dunha maneira humillante e inxusta pois a cesión das terras non tivera un consentimento unánime.

En 1842 o asentamento tiña seis edificios e trinta habitantes e na busca dun nome axeitado inda recibiu o de Marthasville pola filla do gobernador de Xeorxia. En 1845 un novo ferrocarril dende Augusta, o Georgia Railroad, fixo da terminal unha estación pasante e ao ano seguinte un terceiro ferrocarril, o Macon & Western, converteuna en nó ferroviario.

Finalmente en 1847 a poboación foi incorporada co nome, derivado do da primeira liña ferroviaria, de Atlanta. Deseguido experimentou un boom (2.500 habitantes en 1850, 9.500 en 1860) acadando a feitura dunha verdadeira vila. Unha antiga senda india cara ao norte converteuse na rúa principal, Peachtree Street.

Guerra Civil: queima e reconstrución 200px|miniatura|Atlanta durante a Guerra Civil. Precisamente a súa importancia coma nó de ferrocarrís do bando confederado fixo dela un obxectivo estratéxico durante a contenda civil norteamericana. Despois do asedio e toma en 1864, o unionista Xeneral Sherman mandou prenderlle lume coma aviso na súa campaña cara ao sur.

Gradualmente tralo fin do conflito (1865) a cidade foi reconstruída polo exército federal. Axiña aumentou a súa poboación con continxentes dos condados rurais veciños e sobor de todo, pola forte inmigración de poboación negra liberada da escravitude (33.370 habitantes en 1870 no condado), convértese pronto no centro comercial e industrial do Sur. A partir de 1868 foi xa a capital do estado de Xeorxia con edificio do capitolio dende 1889Mapa de Atlanta , 1877.

Século XX miniatura|200px|A rúa Peachtree en 1907.

O desenvolvemento de Atlanta durante o século XX foi un dos máis rápidos dos Estados Unidos pasando a convertela dun centro rexional nunha emerxente metrópole internacionalA cidade a vista de paxaro en 1919, Foote & Davies (90.000 habitantes en 1900, 400.000 na área; 3 000 000 en 1990).

Non sen conflitos, sinaladamente os raciais (foi un dos lugares máis activos do Movemento polos Dereitos Civís con Martin Luther King á cabeza), o desenvolvemento industrial trala segunda guerra mundial (compañías líderes coma Bell Aircraft, Delta Air Lines, Coca-Cola, AT&T, CNN) produciu unha suburbialización extensiva que segue a medrar máis que ningunha outra no país (case que seis millóns de habitantes)Mapa da área metropolitana actual.

Para pechar o círculo, a cidade que naceu coma nó ferroviario segue a ser un centro de comunicacións, agora global, co aeroporto internacional con maior tráfico do mundo e a antedita cadea de telecomunicacións CNN.

A importancia de Atlanta na historia da poboación negra e do movemento dos dereitos civís é moi significativa. No marco da Cotton States and International Exposition de Atlanta (1895), Booker T. Washington pronunciou o seu discurso coñecido como o "Compromiso de Atlanta". Nel propugnaba a igualdade política e social para a poboación negra a cambio da seguridade económica. Na década de 1960 Atlanta foi o centro dende onde se impulsou o movemento dos dereitos civís para a poboación de cor. No 1957, Martin Luther King e outros activistas dos dereitos civís fundaron a Southern Christian Leadership Conference para fortalecer e difundir o movemento pola conformidade racial. Entre 1962 e 1969 levouse a cabo a integración racial nas escolas de Atlanta de maneira pacífica. En 1973 Atlanta converteuse na primeira cidade importante do sur dos Estados Unidos en ter un alcalde negro. Aínda que a poboación do municipio de Atlanta descendeu dende a década de 1970, a da súa área metropolitana medrou de forma exponencial entre 1980 e 1990.

Atlanta foi seleccionada como sede olímpica o 18 de setembro de 1990 na cidade xaponesa de Tokyo.Hemeroteca ABC.es Houbo varias opinións favorables á elección de Atenas, debido a que o evento se celebraría xusto cen anos despois dos primeiros Xogos Olímpicos da Era Moderna. Non obstante, o Comité Olímpico Internacional optou pola cidade estadounidense nas derradeiras votacións, considerando, a maioría dos votantes, que as infraestruturas da cidade grega non estarían rematadas para a data do evento. Aínda así, a decisión non estivo exenta de polémica.

Xeografía Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos, a cidade ten unha área de 343 km², dos cales 341,2 km² é terra e 1,8 km² son auga. A área total de auga é de 0,51%. Situada a 320 metros de altura sobre o nivel do mar e o aeroporto a 308 metros, Atlanta atópase sobre a cima da cordilleira sur do río Chattahoochee.

A divisoria continental do leste entra en Atlanta polo sur, pasando polo centro da cidade. Desde o centro, a liña divisoria discorre cara ao leste por DeKalb Avenue e a liña de ferrocarril CSX a través de Decatur. A choiva que cae nas zonas do sur e leste desembocan no océano Atlántico, mentres que as precipitacións do norte e oeste discorren cara ao golfo de México polo río Chattahoochee. O río forma parte da cunca do río ACF, que recibe a maior parte da auga de Atlanta e os seus barrios. No extremo noroeste da cidade aínda se conserva gran parte do hábitat natural do río, en parte pola Área Nacional de Recreación do río Chattahoochee. Con todo, o uso excesivo de auga durante as secas e a contaminación durante as inundacións foi unha fonte de disputas e batallas legais cos estados veciños de Alabama e Florida.

Clima 240px|miniatura|Atlanta durante unha tormenta. Atlanta ten un clima subtropical húmido, (Cfa) segundo a clasificación de Köppen, coas estacións moi ben definidas, con veráns calorosos e húmidos e invernos suaves, seguindo a liña xeral do sur dos Estados Unidos. As temperaturas medias máximas de xullo son 32 °C e as mínimas 22 °C. Non son frecuentes as temperaturas superiores a 38 °C. A máxima temperatura rexistrada na cidade foi de 41 °C, en xullo de 1980. Hai frecuentes temperaturas por riba de 38 °C. Xaneiro é o mes máis frío, con temperaturas entre 11 °C e 1 °C. Por outra banda, a temperatura máis baixa rexistrada foi de -9 °C en febreiro de 1899. A cidade rexistrou unha temperatura moi preto do mínimo histórico en xaneiro de 1985, cando os termómetros caeron ata -8 °C. Atlanta ten un clima máis ameno do que outras cidades do sur da mesma latitude, debido á súa altitude relativamente elevada, 320 metros sobre o nivel do mar.

Como no resto do sueste dos Estados Unidos, Atlanta recibe niveis abundantes de precipitacións, que son relativamente distribuídas ao longo do ano. A media de precipitacións é de 1.275 milímetros. Ao ano, adoitan darse 36 días de xeadas en Atlanta, mentres que a media das nevadas é de 5 cm. A maior tormenta deixou 25 centímetros de neve o 23 de xaneiro de 1940. As tormentas de xeo adoitan causar máis problemas que a neve, a máis importante tivo lugar o 7 de xaneiro de 1973.

A Asociación Americana do Pulmón situou Atlanta no décimo terceiro posto en canto a niveis de polución nos Estados Unidos. A combinación de polución e niveis de pole e os cidadáns sen asegurar provocaron que a Fundación Americana de Asma e Alerxia cualifícase Atlanta como a peor cidade estadounidense para os asmáticos.

Por outra banda, un tornado de escala EF2 golpeou o centro de Atlanta con ventos de 217 km/h. O tornado provocou serios danos no Philips Arena, o Hotel Westin Peachtree Praza, o Georgia Dome, o parque Centennial Olympic, o CNN Center e o Georgia World Congress Center. Tamén sufriron danos os barrios de Vin City ao oeste e Cabbagetown, Fulton Bag e Cotton Mills ao leste. Houbo ducias de feridos, pero só un morto. A catástrofe tomou ás autoridades meses para reparar os danos orixinados polo tornado.

Urbanismo 800px|centro|miniatura|Vista de Atlanta desde Piedmont Park Arquitectura

220px|dereita|miniatura|Vista dos rañaceos de Atlanta 220px|dereita|miniatura|O centro de Atlanta