Ardia é un lugar da parroquia do Grove no concello pontevedrés do Grove, na Comarca do Salnés. Segundo o INE en 2025 tiña 248 habitantes (130 mulleres e 118 homes), o que representa un descenso respecto a 2015, cando eran 263 veciños, e 2005, con 253.

Historia

O lugar aparece nomeado nunha doazón que o rei Ordoño II fai da vilam Ardenam (hoxe Ardia) ó bispo Sisnando II, no ano 911. Pola súa banda, Filgueira Valverde constata que o topónimo lle dá nome a un xograr medieval, Pero de ArdiaGran Enciclopedia Galega, tomo 3, s. v. Ardia..

O lugar aparece citado na viaxe a Galicia que realizou Sarmiento o 19 de xullo de 1745: "Del Grove pasé a su aldea Graña. De Graña a Ardea".

Lugares e parroquias Lugares da parroquia do Grove

Parroquias do Grove

Notas

Categoría:Lugares do Grove