O Carreiro é un lugar da parroquia de San Vicente do Grove no concello pontevedrés do Grove, na Comarca do Salnés. Tiña unha poboación de 7 habitantes no ano 2025, segundo datos do IGE, 2 mulleres e 5 homes, o que representa un aumento en relación ós anos 2016, cando tiña 4 veciños, e 2010 e 2004, anos nos que tiña un único habitante censado.

Historia e patrimonio Neste lugar asentábase o antigo núcleo de San Vicente, coa igrexa do mesmo nome, mencionada xa en 1688 e construída á beira da praia do Carreiro sobre unha igrexa visigótica anterior, da que quedan os restos no sitio arqueolóxico de Adro Vello. Un século despois, en 1770, foi trasladada ó interior, probablemente porque a erosión do mar ameazaba a estabilidade da primitiva igrexa.

Cómpre destacar a presenza do principal sitio arqueolóxico do concello, Adro Vello, no que se descubriron unha vila romana, da época da romanización de Galicia, con cubas de salga de peixe, e enterramentos medievais. Tamén existen no lugar, cara o oeste, os restos dun castro que deu lugar ó microtopónimo O Castriño.

Outra mostra da arquitectura industrial histórica neste lugar son os restos de dúas antigas fábricas de salga (do século XIX e primeira metade do XX), hoxe de propiedade particular e non visitables.

Lugares e parroquias Lugares de San Vicente do Grove

Parroquias do Grove

Categoría:Lugares do Grove