Xosé Carlos Valle Pérez, nado en Pontevedra o 25 de novembro de 1953, é un historiador da arte galego.

Traxectoria Doutorouse en Historia da arte pola Universidade de Santiago de Compostela, con premio extraordinario de licenciatura e doutoramento. A súa proxección no eido cultural galego acadouna como director da Casa Museo Rosalía de Castro en Padrón e como director do Museo Provincial de Pontevedra dende 1987 ata 2018, sucedendo a Xosé Filgueira Valverde«El día que Filgueira dejó el Museo» Faro de Vigo, 11/12/11. e sendo substituído en 2019 por José Manuel Rey García.

É membro numerario da Real Academia Galega de Belas Artes, Correspondente das Reais Academias da Historia, Belas Artes de S. Fernando e Nacional de Belas Artes de PortuGalería. Tamén membro dos Padroados do Museo do Pobo Galego, do Centro Galego de Arte Contemporánea e do Museo Arqueolóxico Nacional, o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, o Centre Européen de Recherches sur les Congrégations et Ordres Religieux (CERCOR), o Centro de Estudios Xacobeos e o Instituto Cultural Galaico-Minhoto. Foi Director da "Catalogación Arqueolóxica e Artística de Galicia" (Fundación Pedro Barrié de la Maza), Presidente da Confederación Española de Centros de Estudios Locais (CECEL-CSIC), Presidente da Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra e Vocal do Xurado do Premio de Xornalismo Julio Camba.

Foi comisario de diversas exposicións, algunhas de grande proxección como Santiago de Compostela: 1000 anos de Peregrinación Europea" (Europalia-85, Gante-Bélxica), O Pórtico da Gloria e o seu tempo (Santiago, 1988), Galicia no tempo (Santiago, 1991), Imaxes da Arte en Galicia (Lisboa, 1991), Bienal de Arte de Pontevedra (Edicións de 1992, 1994, 1996 e 1998), O Camiño de Santiago desde o aire (A Coruña, 1993), Do Tardogótico ó Manierismo: As relacións artísticas entre Galicia e Portugal (A Coruña, 1995), Arturo Souto (A Coruña, 1997), Arte de Císter en Portugal e Galicia (Lisboa, 1998 - A Coruña, 1999).

Ditou numerosos relatorios, tanto en España como no estranxeiro e participou en múltiples congresos científicos, tanto nacionais como internacionais.

Obra bibliográfica É autor de numerosos artigos en revistas especializadas, participou en varias obras colectivas e coordinou publicacións.

Las fundaciones de Clairvaux en la Galicia medieval: filiación directa : el siglo XII (1981). Santiago de Compostela. Ed de autor. ISBN 84-300-4472-8. La arquitectura cisterciense en Galicia (1982). Fundación Barrié. 2 vols. ISBN 848572819X e 9788485728190. Iglesia del Monasterio San Pedro de Vilanova Dozón (1983). Alvarellos Editora. Monasterio cisterciense de Santa María de Bujedo (1986). Rafael Pérez Escolar (pr.). Madrid: Ediciones de Arte y Bibliofilia. ISBN 84-85005-95-3. Imaxes da arte en Galicia. Catalogación arqueolóxica e artística de Galicia do Museo de Pontevedra (1991). Fundación Pedro Barrié de la Maza. Do tardogótico ó manierismo: Galicia e Portugal (1995). Fundación Pedro Barrié de la Maza. ISBN 84-87819-84-2. O Balneario do Lérez: memoria gráfica dunha época (1997). Museo de Pontevedra. Con María Cristina Echave Durán. ISBN 84-89690-23-5. Castelao e o teatro: escenografías [exposición] (2000). Museo de Pontevedra. ISBN 84-930924-6-0. El arte románico en Galicia y Portugal (2001). Con Jorge Rodrigues. Instituto Camões. Fundação Calouste Gulbenkian : Fundación Pedro Barrié de la Maza. ISBN 84-89748-81-0. Ovidio Murguía (2001). Fundación Pedro Barrié de la Maza. Santa María de a Franqueira : Monasterio cisterciense (2003). Edilesa.

Xosé Filgueira Valverde, 1906-1996, un século de Galicia [exposición] (2007). Con Xesús Alonso Montero. Museo de Pontevedra. ISBN 978-84-95632-34-0. Manuel Moldes: Pontevedra suite, 1983-1987: [exposición, 27 de xullo-17 de setembro de 2017, Museo de Pontevedra (2018). Con Alberto González Alegre; Angel Cerviño (coord.). Deputación. ISBN 978-84-95632-80-7.

Premios

Medalla de Galicia (categoría de bronce, 1993). Premio Cidade de Pontevedra na categoría de Cultura. Premio Voz del Año de la Cultura. Homenaxe Peña da Boina 2019.

Notas

Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1953 Categoría:Historiadores da arte de Galicia Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Directores do Museo de Pontevedra