Fiama Hasse Pais Brandão, nada en Lisboa o 15 de agosto de 1938 e finada na mesma cidade o 19 de xaneiro de 2007, foi unha escritora, poetisa, dramaturga, ensaísta e tradutora portuguesa.
Traxectoria Pasou a súa infancia entre unha quinta en Carcavelos e o St. Julian's School. Foi estudante de Filoloxía Xermánica na Facultade de Letras da Universidade de Lisboa, chegando a fundar, xunto a outros, o Grupo de Teatro de Letras e exerceu actividade de investigación na área da literatura e da lingüística, tamén de investigación histórica e literaria sobre o século XVI en Portugal. Casou con Gastão Cruz e foi unha das responsábeis da Antologia de Poesia Universitária (1964).
Estreouse como autora con Em Cada Pedra Um Voo Imóvel. A partir de aí, gañou notoriedade no medio literario coa revista/movemento Poesia 61, onde publicou o texto "Morfismos". É considerada como unha das máis importantes escritoras do movemento que revolucionou a poesía nos anos 60. A creación poética de Fiama Hasse Pais Brandão imponse pola busca dunha expresión orixinal, onde as palabras tentan evocar unha esencia perdida, anterior á erosión do tempo e do uso corrente.
A súa actividade no teatro iniciouse, en 1964, no Teatro Experimental do Porto e coa frecuencia dun seminario de teatro de Adolfo Gutkin na Fundación Calouste Gulbenkian, en 1970. En 1974, foi un dos fundadores do Grupo Teatro Hoje, sendo a súa primeira directora de escena coa obra Mariana Pineda, de Federico García Lorca.
Traduciu obras da lingua alemá, da lingua inglesa e da lingua francesa, de John Updike, Bertold Brecht, Antonin Artaud, Novalis e Anton Tchejov, entre outros.
Colaborou en publicacións como Seara Nova, Cadernos do Meio-Dia, Brotéria, Revista Vértice, Plano, Colóquio-Letras, Hífen, Relâmpago e A Phala.
Principais obras
Poesía
Morfismos (1961) Barcas Novas (1967) Novas visões do passado (1975) Homenagemàliteratura (1976) F de Fiama (1986). Teorema. Três Rostos (1989) Cantos do Canto (1995). Relógio D'Água. Epístolas e Memorandos (1996). En 2007, Relógio D'Água. Cenas Vivas (2000). En 2007, Relógio D'Água. As Fábulas (2002). Quasi Edições. Âmago. Antologia (2010). Assírio & Alvim. Obra Breve. Poesia Reunida (2017). Assírio & Alvim.
Teatro
Os Chapéus de Chuva (1961) A Campanha (1965) Quem Move as Árvores (1979) Teatro-Teatro (1990) Noites de Inês-Constança (2005). Assírio & Alvim.
Prosa
Em Cada Pedra Um Voo Imóvel (1958). En 2007, Assírio & Alvim. Falar sobre o Falado (1989). Afrontamento. Movimento Perpétuo (1991). Teorema. Sob o Olhar de Medeia (1998). En 2007, Relógio D'Água. Contos da Imagem (2005). Assírio & Alvim.
Ensaio
O Labirinto Camoniano e Outros Labirintos (1985). En 2007, Teorema.
Premios
1958: Premio Adolfo Casais Monteiro, por Em Cada Pedra Um Voo Imóvel. 1961: Premio Revelação da Sociedade Portuguesa de Escritores, por Os Chapéus de Chuva. 1996: Grande Premio de Poesia CTT - Correios de Portugal, por Epístolas e Memorandos. 2000: Grande Premio de Poesia CTT - Correios de Portugal, por Cenas Vivas. 2001: Premio PEN Clube Portugués, por Cenas Vivas. Notas
Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Tradutores de Portugal Categoría:Poetas de Portugal Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Nados en 1938 Categoría:Finados en 2007