Ramón Vilar Landeira, nado en Rodís (Cerceda) en 1973, é un xornalista, profesor e escritor galego.
Traxectoria Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou na edición de Carballo do xornal La Voz de Galicia, onde mantivo ao longo de máis de dous anos unha columna de opinión diaria titulada Radiografías, logo pasaría a encargarse de cubrir as noticias da bisbarra de Ordes para a edición de Santiago de Compostela. Dende finais de 2004 ata outubro de 2006 formou parte da redacción do xornal Faro de Vigo en Deza-Tabeirós-Terra de Montes. Foi o último director de Vieiros, dende finais de outubro de 2006 ata o 24 de xullo de 2010.
Obra literaria Narrativa Os televisores estrábicos (2014). Vigo: Xerais. 144 páxs. ISBN 978-84-9914-717-8. ePub: ISBN 978-84-9914-416-0. Un peixe no parqué (2019). Vigo: Xerais. 104 páxs. ISBN 978-84-9121-549-3. ePub: ISBN 978-84-9121-553-0. "A fraguella" (2019) en Grial, nº 224, Tomo LVII, páxs. 99-101. Nós estamos ben, non? (2025). Culleredo: Espiral Maior. 140 páxs. ISBN 9788412893250.
Obras colectivas Contos de taberna (2014). Edicións Embora. Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González (2016). Fervenza. Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, Alvarellos (2017).
Premios
2006: Segundo premio na segunda edición do Premio a artigos xornalísticos normalizadores do concello de Carballo polo artigo Un idioma na cetaria, que analiza o problema da diglosia. 2006: Premio de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà 2006: Premio Valle-Inclán de Relato Curto, na súa quinta edición, coa obra Arrítmicos eran os corazóns, do que salienta o seu retrato do ambiente dos suburbios na cidade da Coruña, así como a figuración duns personaxes ben reflectidos e unha interesante carga erótica. 2015: Premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela do concello da Estrada. 2024: VII Premio de xornalismo Manuel Lueiro Rey por A veciña do segundo
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do autor en Edicións Xerais.
Categoría:Xornalistas de Cerceda Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Cerceda Categoría:Nados en 1973 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes