Aristilo (s. -IV - -III)Blackwood, páx. 550 fala de 295 a.C. mentres que no libro Approximates: Webster's Quotations, Facts and Phrases indica arredor de 280 a.C. foi un astrónomo grego, que canda Timocares de Alexandría, compilou un dos primeiros catálogos de estrelas que se coñecen e que foron utilizados posteriormente para establecer a precesión dos equinoccios.
Aristilo como Timocares traballaban no Museo de Alexandría e foron destacados partícipes na realización dunha compilación sistemática da posición de estrelas e planetas facendo uso de instrumentos graduados. Os datos do devandito catálogo foron utilizados por Hiparco de Nicea para descubrir a precesión dos equinoccios ao comparar as súas observacións das posicións de diversas estrelas coas obtidas por Aristilo e Timocares século e medio antes. Pola súa banda, Tolomeo usou as posicións dos planetas recollidos por Aristilo e Timocares para deducir a súa teoría sobre o movemento dos planetas.Time's Telescope (1821), páx. 101 Véxase tamén Matemática helénica. Astronomía na Antiga Grecia.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía BLACKWOOD: Blackwood's magazine, Volume 94. 1863 http://books.google.com/books?id=IrYCAAAAIAAJ (en inglés). WEBSTER: Approximates: Webster's Quotations, Facts and Phrases. Icon Group International, Inc. 2008. http://books.google.com/books?id=S6GF_qpVPJwC (en inglés). TIME: Time's Telescope. Sherwood, Gilbert and Piper. 1821. http://books.google.com/books?id=skU4AAAAIAAJ
Categoría:Astrónomos da Grecia antiga