Miedes de Atienza é un concello español da provincia de Guadalaxara, comunidade de Castela-A Mancha. Ten unha poboación de 87 habitantes (en 2009).

Xeografía Está situado na Ruta da la e no Camiño do Cid, ruta do desterro de Rodrigo Díaz de Vivar.

Historia Miedes, como tal, non aparece na historia até a Idade Media sempre no contexto da reconquista e repoboación, ao igual que as localidades próximas. A localización do lugar, na vertente sur dun dos pasos naturais entre ambas mesetas, situado entre as fortalezas de Gormaz e Atienza e xunto a un outeiro de fácil defensa (hoxe coñecida como El Castillo), fixeron viable a instalación dunha comunidade co obxectivo de controlar o territorio castelán do sur do Douro, así como servir de foco de ataque ás avanzadas musulmás. De feito no Cantar de mío Cid menciónase a Miedes como zona de fronteira.

Monumentos e lugares de interese Casa-Palacio dos Beladiez Trujillo, obra de cantería do século XVII Igrexa parroquial de orixe románica, pero do datada do século XVIII. Numerosos xacementos do neolítico superior, con abundancia de restos de talla de pedra, así como de cerámica. Asentamentos do bronce, testemuñados pola aparición de restos cerámicos e metal. Xacementos pertencentes ás épocas celta e romana, período no cal esta zona viuse altamente poboada como aseveran os numerosos restos de "villae" nos que se aprecia unha convivencia simbiótica entre estas dúas culturas.

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do concello na páxina da Deputación de Guadalaxara

Categoría:Concellos da provincia de Guadalaxara