O Campo da Pedreira é un campo de fútbol situado na parroquia de Meá, e que é o feudo do Galicia de Mugardos.

Datos técnicos Cunha capacidade para uns 1.000 espectadores na única tribuna de que dispón, o recinto atópase situado na marxe esquerda da estrada que comunica Mugardos con Ferrol, no lugar da Pedreira, na parroquia mugardesa de Meá.

Historia O campo anterior do Galicia de Mugardos non estaba pechado e os vestiarios estaban moi afastados do terreo de xogo, polo que na década dos sesenta comeza a verse a necesidade da construción dun novo campo. A directiva daquela, presidida por Alfredo Díaz Bravo, adquiriu o campo e os traballos de construción fixéronse de forma mancomunada entre os veciños. Os traballos comezaron en 1968 e finalizaron en 1972. Os cartos necesarios para os materiais de construción foron fornecidos pola Federación Española de Fútbol (250.000 pesetas), a Deputación da Coruña (50.000), o concello de Mugardos (15.000) e os socios e socias do club coas súas achegas.

O estadio inaugurouse o 12 de agosto do 1972 cun encontro de fútbol entre o Deportivo da Coruña e o Racing de Ferrol. Notas

Categoría:Mugardos Pedreira