O Irmáns García Nodal é un buque de salvamento e apoio, do servizo de gardacostas da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

Leva o nome en honra de Bartolomeu e Gonzalo García de Nodal, navegantes pontevedreses que recoñeceron o estreito de Magalláns en 1619.

Equipamento Ten dúas embarcacións de rescate con waterjets, laboratorios para investigación, maquinillas de pesca e científicas, 300 m de barreira para loita contra a contaminación, dous skimmers, seis tanques flotantes, sistema de loita contra incendios, busca por infravermellos e un centro de mando e control.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Servizo de Gardacostas de Galicia. Bibliografía . Ligazóns externas O buque Irmáns García Nodal vén a reforzar a flota do servizo de Gardacostas, Xornal.com, 20-05-2005. López Veiga presidiu a entrega do buque Irmáns García Nodal ó Servizo de Gardacostas de Galicia, Galiza Dixital, 26-07-2005.

Categoría:Barcos de salvamento Categoría:Servizo de Gardacostas de Galicia