A tempada 2008-2009 foi 30ª tempada consecutiva do H.C. Liceo na OK Liga, a máxima categoría do hóckey a patíns do Estado español. Esta foi a quinta tempada consecutiva en branco do club galego, aínda que conseguiu o subcampionato de liga e a I Copa Galiza (título non oficial).
Equipo 0 Jaume Llaverola 3 Josep Lamas 4 Joan Grasas 5 Jesús Gende 6 Martín Payero 7 Pablo Álvarez 9 Jordi Bargalló 10 20px Adrián Vallina 57 Reinaldo García 88 Eduard Lamas
Adestrador: José Querido Adestrador adxunto: Juan Copa Preparador físico: Óscar Viana González
Altas Jordi Bargalló (Igualada HC) Eduard Lamas (H.C. Liceo Jr.)
Baixas Pedro Alves (Associação Juventude de Viana)
Clasificacións Antes de comezar a tempada, o Coinasa Liceo disputa o Mundial de clubs, onde cae nos cuartos de final fronte ao Valdagno italiano por 3-5, debido en parte ao cansazo acumulado nunha pretempada intensa. Terceiro posto na liga regular por detrás do líder, o FC Barcelona, e do segundo clasificado, o Roncato Patí Vic. Na Copa do Rei, como local no Pazo dos Deportes de Riazor, non puido pasar das semifinais fronte ao Roncato Vic, cando ao restar 18 segundos para o final do partido un gol de Marc Torra calou a un Riazor cheo e desfixo os soños e ilusións que tódolos liceistas puxeran na competción copeira. Na Copa de Europa, o equipo herculino clasificouse para a primeira Final-Eight (final a oito), na que eliminou primeiramente ao Noia Freixenet e posteriormente caeu eliminado nas semifinais fronte ao Roncato Vic, partido no que, como na Copa do Rei, o Liceo non tivo a sorte necesaria para meterse na gran final europea contra o Reus Deportiu, que se proclamaría finalmente campión. Nos Play-off polo título da OK Liga, acadou o subcampionato ao caer contra o FC Barcelona por 3 vitorias a 0, logo de ter eliminado na primeira rolda ao Igualada HC (2-0) e ao Vic (3-1). Campión da I Copa Galiza, vencendo na final ao daquela "Cerceda Liceo" (hoxe Club Patín Cerceda) por 5 goles a 4.
Véxase tamén Outros artigos Tempada 2008-2009 da OK Liga Copa do Rei 2009 Copa de Europa 2008-2009
Categoría:Tempadas do H.C. Liceo
ca:Temporada 2008-2009 del Hockey Club Liceo de La Coruña