María do Carmen Silva Rego, coñecida como Carmela Silva, nada en Vigo o 26 de novembro 1960, é unha política galega do PSdeG.

Traxectoria É licenciada en Dereito e profesora de Educación especial. Nas eleccións xerais do 1996 concorreu na lista do PSdeG-PSOE pola provincia de Pontevedra, sen resultar elixida, pero finalmente accedeu ao posto de deputada trala dimisión de Abel Caballero en novembro de 1997. Co regreso do PSOE ao goberno central en 2004, traballou como asesora da Ministra de Agricultura Elena Espinosa. Tralas municipais de 2007 foi nomeada concelleira non electa no concello de Vigo polo alcalde socialista Abel Caballero, ocupando a dirección de urbanismo.

Nas eleccións xerais de 2008 foi elixida senadora, sendo nomeada portavoz do PSOE en substitución de Joan Lerma"La gallega Carmela Silva será la portavoz del PSOE en el Senado", nova en El País, 24 de marzo de 2008 ..

Nas municipais de 2011 foi elixida concelleira na cidade de Vigo como número 2 da candidatura socialista, sendo primeira tenente de alcalde e mantendo a área de Urbanismo. Uns meses despois, foi a cabeza de lista do PSOE ás eleccións xerais de 2011 pola circunscrición de Pontevedra, onde saíu elixida deputada e foi secretaría segunda da mesa do Congreso.

Tralas eleccións municipais de 2015 volveu a ser concelleira en Vigo e foi elixida presidenta da Deputación de Pontevedra grazas a un pacto entre PSdeG-PSOE e BNG, sendo a primeira vez que os socialistas lograron a presidencia e a primeira muller en ocupalaCarmela Silva: "Desde hoy, la Diputación es la casa del pueblo", www.farodevigo.es, 17/07/2015 . Nas eleccións municipais de 2019 foi reelixida concelleira e presidenta da Deputación, quedando a tan só 1 deputado e uns poucos votos da maioría absoluta, renovando o pacto de goberno co BNG. Tralo 14 Congreso Nacional do PSdeG, en decembro de 2021, foi elixida presidenta da Executiva Nacional do partido encabezada por Valentín González Formoso.

Vida persoal É nai do futbolista Iago Falque, xogador do Torino FC.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición

Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra Categoría:Senadores por Pontevedra Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra Categoría:Políticos do PSdeG-PSOE Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1960 Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VII Lexislatura) Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Senadores de España polo PSOE