El Anunciador foi un xornal editado na Coruña de 1874 a 1895.
Traxectoria Continúa a El Avisador, fundado por Gonzalo Brañas Sánchez-Boado e Ezequiel Fernández Miranda, que se publicou de 1863 a 1874. Neste ano cambiou o seu título, mantendo como subtítulo Diario de La Coruña y de Galicia até outubro de 1891. A partir de novembro de 1892 pasou a ser Órgano de la Unión Republicana en la Región Gallega e en decembro dese ano volve a cambiar a Diario de Unión Republicana de La Coruña y de Galicia. En marzo de 1895 cambiou o subtítulo por Diario decano e independiente de La Coruña y de Galicia. Deixou de publicarse en outubro de 1895.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:1874 en Galicia