A península do Iucatán (en ) é unha gran península do continente americano que penetra no océano Atlántico en América Central, constituíndo o extremo sueste do territorio do actual México, a ao oeste de Cuba e ao nordés de Guatemala. Separa o mar Caribe do golfo de México, coa costa do norte na canle do Iucatán. A península limita ó leste do istmo de Tehuantepec, unha separación xeográfica da rexión de América Central e o resto de América do Norte. Ten arredor de 181 000 km2 de extensión, e componse case completamente de rocha calcaria. Foi palco de grandes civilizacións precolombianas como a dos maias e maila dos olmecas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Juan Luis Pena Chapa, Manuel Martin Castillo e Juan Carlos González Avila, The Performance of the Economy of the Yucatan Peninsula from 1970–1993 Marcio L. Teixeira,The Impact of the Geologic History of the Yucatán Peninsula on the Present Day Aquifer,2004 Angelo Heilprin,Observations on the Flora of Northern Yucatan

Outros artigos Estado do Iucatán Conquista do Iucatán

Categoría:Penínsulas de México Categoría:Penínsulas de América Central Categoría:Penínsulas de Norteamérica Categoría:Penínsulas ao océano Atlántico