Jacob Leib Talmon (en hebreo יעקוב טלמון), nado en Rypin (Polonia) o 16 de xuño de 1916 e finado en 1980 en Xerusalén, foi un historiador israelí na Universidade Hebrea de Xerusalén, especializado na Revolución francesa. Cuñou os termos democracia totalitaria e mesianismo político.

Traxectoria Naceu nunha familia xudía ortodoxa, de apelido Fleischer. En 1933 emigrou a Israel (Aliyá) coa familia e asentouse en Tel Aviv. Cursou estudos universitarios na Universidade Hebrea de Xerusalén e en La Sorbonne de París. Trala conquista de París polo exército alemán durante a segunda guerra mundial mudouse a Londres, culminando os seus estudos de doutoramento na London School of Economics cara a 1943.

Retornou a Israel, onde casou cunha doutora en Medicina, Irena Bugajer, coa que tivo dous fillos. Comezou a dar clase na Universidade Hebrea. En 1957 recibiu o Premio Israel, e en 1967 foi elixido para integrar a Academia Israelí de Ciencias e Humanidades.

Finou aos 64 anos por mor dun paro cardíaco. No seu funeral foi despedido por Menachem Begin, Primeiro Ministro de Israel e opoñente ideolóxico do historiador.

Obra Categorizado coma un "liberal da Guerrra Fría" estudou a xenealoxía do totalitarismo argüíndo que tal doutrina é unha variante do mesianismo político, con raíz na Revolución Francesa, e acentúa as similitudes entre o xacobinismo e o stalinismo.

Talmon sostén que a postura de Rousseau debe ser entendida coma un "totalitarismo democrático"; coma unha filosofía na que a liberdade se concreta "unicamente na procura e logro dun propósito absolutamente colectivo".

The Origins of Totalitarian Democracy, Londres, 1952. The Nature of Jewish History-Its Universal Significance, 1957. Political Messianism - The Romantic Phase, 1960. The Unique and The Universal, 1965. Romanticism and Revolt: Europe 1815-1848, Londres, Thames & Hudson, 1967. Israel among the Nations, 1968. The Age of Violence, 1974. The Myth of Nation and Vision of Revolution, The Origins of Ideological Polarization in the 20th Century, 1981. The Riddle of the Present and the Cunning of History, 2000.

Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 1980 Categoría:Historiadores de Israel Categoría:Alumnos da Universidade de Londres Categoría:Alumnos da Universidade Hebrea de Xerusalén