Xavier García de Paredes y Moro, nado en Ávila en 1960, é un banqueiro galego, quen foi o último director de Caixa Galicia.
Traxectoria De familia de Ribadeo, naceu en Ávila e licenciouse en Dereito na Universidade Complutense de Madrid. Comezou a súa carreira como avogado en diversos despachos e en 1987 fichou pola entidade bancaria La Caixa, como responsable da súa asesoría xurídica con sede en Madrid. En 1999 comezou a traballar para Caixa Galicia como asesor xurídico. Ao pouco entrou a formar parte do consello de administración da empresa, e en 2006 pasou a ocupar o posto de secretario.
En 2008 ascendeu a unha das direccións da caixa, e en 2010 pasou a ocupar o cargo máximo de director xeral, logo da xubilación do seu predecesor José Luis Méndez López. Dende esa posición participou no proceso de fusión con Caixanova que deu lugar a Novacaixagalicia e posteriormente ao NCG Banco. Uns días despois de que se constituíse este banco, que foi nacionalizado por parte do Estado en setembro de 2011, anunciou a súa prexubilación, recibindo íntegra unha indemnización multimillonaria.
A Audiencia Nacional abriu unha causa contra el, a raíz dunha demanda presentada pola Fiscalía Anticorrupción despois dunha investigación que se iniciou en outubro do 2011 por unha denuncia da CIG.O xuíz da Audiencia Nacional Ismael Moreno impón finanzas millonarias a 4 ex-directivos de NovaCaixagalicia que cobraron indeminzacóns millonarias ao abandonar o grupo TVG.
En sentenza da Audiencia Nacional de outubro de 2015, García de Paredes foi declarado inocente e absolto de tódolos cargos. Os outros 5 acusados foron condenados a diferentes penas.
Galardóns Orde de San Raimundo de Peñafort.
Notas
Categoría:Banqueiros de Galicia Categoría:Nados en Ávila Categoría:Nados en 1960