Ortosia (en grego Ορθωσία), tamén coñecido como , é un satélite irregular retrógrado de Xúpiter. Foi descuberto por un equipo de astrónomos da Universidade de Hawai dirixidos por Scott S. Sheppard no 2001, e déuselle a designación provisional .IAUC 7900: Satellites of Jupiter maio do 2002 (descubrimento)MPEC 2002-J54: Eleven New Satellites of Jupiter maio do 2002 (descubrimento e efemérides)
Ortosia ten uns 2 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 20,568 millóns de km, tarda 602,619 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 142° con respecto á eclíptica (143° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,2433.
Recibiu oficialmente o seu nome actual en agosto do ano 2003, na mitoloxía grega, Ortosia era a deusa da prosperidade e era tamén unha das Horas.IAUC 8177: Satellites of Jupiter, Saturn, Uranus agosto do 2003 (bautizando a lúa) As Horas eran fillas de Zeus e Temis.
Ortosia pertence ó grupo de satélites Ananke, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 19,3 e 22,7 millóns de km, con inclinacións duns 150°
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Aneis de Xúpiter Xúpiter
Categoría:Lúas de Xúpiter