A arteria recorrente radial é unha arteria do membro superior humano. Áchase na rexión anterior do antebrazo. É unha rama colateral da arteria radial. Forma un plexo arterial ao redor da articulación do cóbado e dá numerosas ramas que se distribúen polos distintos músculos veciños do antebrazo.

Ascende entre as ramas do nervio radial, sitúandose sobre o músculo supinador curto e entre o músculo braquiorradial e o músculo braquial anterior. Finalmente, anastomósase coa arteria umeral fonda. Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomy of the human body . Edición de 1918 de dominio público.

Categoría:Arterias