A moeda de 20 céntimos de euro é dunha aliaxe composta principalmente por un 89 % de cobre, chamada ouro nórdico, que, malia o seu nome, carece de ouro na súa composición. Ten un diámetro de 22,25 mm, un grosor de 2,14 mm e un peso de 5,74 gramos. O seu bordo é liso con sete entrantes, formando a coñecida como “flor española”.

Todas as moedas teñen un anverso específico de cada Estado e un reverso común para toda a eurozona, deseñado por Luc Luycx, gañador dun concurso convocado para ese efecto polo Consello Europeo e resolto na súa reunión de Ámsterdam do 13 de xuño de 1997. Este reverso común tivo un pequeno axuste en 2007."Types of euro coins: common sides". European Commission."Luc Luycx a dessiné l'€". En DH.be.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Euro Eurozona Moedas de euro

20 céntimos de euro Categoría:Moedas divisionarias