O músculo supinador curto é un músculo do membro superior humano pertencente ao compartimento posterior do antebrazo.

Orixe e insercións A orixe é dobre: A porción superficial ou umeral áchase no epicóndilo lateral do úmero. Hai febras de inserción no ligamento anular e no ligamento colateral radial. A porción fonda ten a súa orixe na crista do músculo supinador curto na superficie posterolateral do cúbito.

Ambas as dúas porcións únense e cobren a superficie posterior do radio na parte superior, para despois inserírense coma un único tendón na superficie lateral do mesmo óso, por encima da inserción do músculo pronador redondo.

Función Supina a man.

Innervación É innervado pola póla fonda do nervio radial.

Categoría:Musculatura do membro superior