Emilio Atrio Abad, nado en Ourense o 18 de abril de 1932 é un avogado galego, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo.

Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1954, seis anos despois abre un despacho na súa cidade natal. Decano do colexio de avogados de Ourense entre 1985 e 1995, foi membro do Xurado Provincial de Montes e do Comité de Disciplina Deportiva da Xunta de Galicia e en varias ocasións da xunta electoral provincial. Dende 2003 é presidente do Consello Social da Universidade de Vigo e ademais membro dende 2005 da executiva española de consellos sociais de universidades .

Galardóns Cruz de Honra de San Raimundo de Peñafort. Medalla de Prata de Galicia en 2005.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Medalla de Prata de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1932 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes