En anatomía, o carpo é unha estrutura do membro superior humano, artellada cos ósos do antebrazo, é dicir, radio e cúbito. Está constituído por oito ósos, distribuídos en dúas fileiras, unha máis próxima ao antebrazo ou proximal, e outra máis preto dos dedos ou distal. A estrutura ósea móvese en conxunto, permitindo os diversos movementos do pulso.
Ósos do carpo Son oito ósos pequenos que se artellan entre si e co radio, cúbito e os ósos metacarpianos. Na ringleira proximal ou próxima ao antebrazo atopamos os seguintes ósos: Escafoide, con forma de barco. Posúe unha prominencia na superficie lateral do lado palmar que se dirixe cara a adiante. Semilunar, con forma de semilúa. Piramidal, con tres superficies. Pisiforme, que ten forma de chícharo. Está incluído dentro do tendón do músculo flexor cubital do carpo. Na ringleira distal ou próxima ao metacarpo atopamos outros catro ósos: Trapecio, que ao igual que o escafoide, presenta unha prominencia na superficie palmar. Trapezoide Grande Ganchudo
Os oito ósos artéllanse entre si, formando pequenas articulacións. En conxunto forman o pulso.
Categoría:Anatomía do membro superior