A Sociedade Deportiva Compostela é un equipo de fútbol galego da cidade de Santiago de Compostela. Foi fundado o 1 de xullo de 1928 por Ramón Castromil Casal e compite na Segunda Federación.

É considerado un dos equipos históricos de Galicia por historia e tradición, sendo o cuarto equipo do país en debutar na Primeira División, máxima categoría da Liga, tras o Celta, o Deportivo e o Pontevedra, e situándose como o terceiro mellor equipo galego na Clasificación histórica de Primeira, na que ocupa o posto 39º, tras vigueses e coruñeses, pese a disputala tan só catro tempadas, desde a 1994/95 até a 1997/98.

Nome do club Ao longo da súa historia, o Compostela viu como o nome do club variou por diversas circunstancias até a súa denominación actual de Sociedade Deportiva Compostela, nome histórico do club, vixente de novo desde 2011.

Sociedade Recreativa Compostela (1962) Sociedade Deportiva Compostela (1962–1994) Sociedade Deportiva Compostela, S.A.D. (1994–2010) Sociedade Deportiva Campus Stellae (2010–2011) Sociedade Deportiva Compostela (2011–)

Historia Orixes e antecedentes (1928-1962) En 1928 varios estudantes de Santiago de Compostela decidiron fundar da man de Ramón Castromil Casal o Compostela Foot-ball Club, que militou na Serie B galega até o estalido da Guerra Civil, estando considerado daquela o mellor equipo da cidade. Xogaba os seus encontros no antigo campo da Choupana, sendo algúns dos xogadores máis destacados daquela época Pachuco, Jesús Porto Aldrey, os irmáns Pombo, o propio Ramón Castromil ou o futuro refundador da entidade, Elisardo García.

A comezos da década dos 40, Ramón Castromil volveu fundar o club con pouco éxito debido ás dificultades da posguerra, vendo entre outras cousas, como o antigo campo da Choupana desaparecera para construírse no seu lugar o Hospital Gil Casares. Nesa época, o decreto do Estado que impedía os estranxeirismos fixo mudar o nome do club a Compostela Club de Fútbol, sendo popularmente coñecido como Club Compostela. Finalmente, a importancia adquirida polo club anos atrás desaparece en 1946 cando se ve superado pola relevancia do Club Santiago, antigo Racing Club San Lorenzo, e remata por desaparecer en detrimento deste e do Club Arenal.

Nacemento da Sociedade Deportiva Compostela, crecemento e gloria

Coa desaparición do Club Santiago no ano 1962, e coa escasa relevancia do Club Arenal na cidade de Santiago, varios ex-socios do desaparecido Club Compostela decidiron fundar unha nova entidade nunha asemblea celebrada no Hostal dos Reis Católicos o 26 de xuño de 1962, comezando de novo nas divisións rexionais galegas, baixo o nome de Sociedade Recreativa Compostela. O 28 de outubro do mesmo ano, o Club Arenal fusionouse coa SR Compostela pasando o club a denominarse Sociedade Deportiva Compostela e pasando o Club Arenal a desempeñar as funcións de equipo filial. O primeiro adestrador do club foi o uruguaio Dagoberto Moll, co que o Compostela conseguiu o ascenso a Terceira división no seu primeiro ano de existencia, manténdose na categoría de bronce durante as seguintes sete tempadas. Tras varios anos alternando a Serie A rexional e a Terceira división, logrou o ascenso á Segunda división B na tempada da creación da categoría, a 1977/78, con Carlos Torres no banco.

Desde entón e durante os anos oitenta, a SD Compostela alternou a Segunda B coa Terceira até que a finais da década a historia do club mudaría para sempre coa chegada á presidencia do empresario santiagués do sector da electricidade José María Caneda en 1988, e a incorporación en 1989 do adestrador Fernando Castro Santos."Que foi do Compostela, hai dez anos en primeira?" , A Nosa Terra, 26 de outubro de 2008. Na primeira tempada deste, a 1989/90, o equipo regresou á Segunda B, e ao ano seguinte, na tempada 1990/91, logrou ascender á Segunda división por primeira vez na súa historia logo de quedar terceiro na fase regular e de vencer no grupo de ascenso, superando no mesmo a Club Deportivo Alcoyano, CD Badajoz e Deportivo Alavés.

O equipo permaneceu na Segunda división durante tres tempadas: na primeira, a 1991/92, quedou sexto, na segunda, a 1992/93, duodécimo, e finalmente na terceira, a 1993/94, o Compostela foi terceiro e xogou a promoción de ascenso á Primeira división fronte ao Rayo Vallecano de Madrid. Tras remataren ambos encontros en empate (1-1 no Campo de Fútbol de Vallecas e 0-0 en San Lázaro), disputouse un terceiro xogo de desempate nun campo neutral, o Estadio Carlos Tartiere de Oviedo, que rematou coa vitoria compostelá por 3 a 1, con goles de Ohen (2) e José, e que supuxo o ascenso da Esedé á Primeira división. O equipo titular dese partido estivo formado por Iru, Modesto II, Tocornal, Modesto I, Bellido, Bodelón, Abadía, Fabiano, Pichi Lucas, Ohen e Suso Moure. Tamén xogaron Víctor e José.

A SD Compostela xogou na Primeira división catro tempadas consecutivas, de 1994 1998. E tras acadar na primeira delas, a 1994/95, a salvación na derradeira xornada na casa ao vencer por 2-0 ao CD Tenerife, púxose punto e final a sete anos de exitosa traxectoria de Fernando Castro Santos á fronte do equipo. Para a tempada 1995/96 o equipo contratou como adestrador a un por aquel entón descoñecido no fútbol profesional Fernando Vázquez, sendo precisamente ese ano cando o equipo asinou a súa mellor tempada da historia, chegando a ser subcampión de inverno só por detrás do Atlético de Madrid ao termo da primeira volta, para rematar a liga nunha digna décima posición. Destacou naquela tempada unha histórica vitoria por 4-0 no derbi fronte ao Deportivo de Toshack en San Lázaro, con goles de Fabiano (2), José Ramón e Ohen. O equipo xogou en Primeira división dúas tempadas máis, a 1996/97 e a 1997/98, rematando nesta última no posto décimo sétimo e descendendo á Segunda división tras perder a promoción contra o Vilarreal CF polo valor dobre dos goles fóra de casa (0-0 no Estadio do Madrigal e 1-1 en San Lázaro).

Equipo da SD Compostela na campaña 1995/96, con Fernando Vázquez de adestrador:

O presidente da entidade tomou o descenso como unha tempada de transición, e tentou recuperar a máxima categoría. Para isto non escatimou en gastos, mantendo boa parte da formación anterior e fichando outros xogadores de renome, como os internacionais Nando e Dmitri Radchenko. Porén, o equipo rematou oitavo na clasificación, e os problemas económicos comezaron a facerse patentes. Así as cousas, na seguinte campaña, a 1999/00, o equipo estivo a piques de descender, e finalmente na tempada 2000/01 descendeu á Segunda B tras rematar a liga no posto décimo noveno da clasificación.

Nesa categoría volveuse cometer o erro de manter a formación da campaña anterior cos mesmos salarios, e as débedas levaron consigo atrasos e complicacións nos pagamentos. Aínda así, o equipo terminou terceiro na campaña 2001/02, e superou na liguiña de ascenso a Mérida Unión Deportiva, Valencia CF Mestalla e FC Barcelona B, volvendo á Segunda división tan só un ano despois do seu descenso.

miniatura|Partido do SD Compostela co CD Lugo en Segunda B na tempada 2009-2010.

A campaña 2002/03 foi até agora a última na elite profesional. No seu regreso á Segunda división, o equipo, dirixido por Luis Ángel Duque, terminou noveno malia estaren os xogadores toda a tempada sen cobrar. O impagamento das débedas a xogadores agravouse cando un xuíz, a falta de 2 días para concluír o prazo de inscrición, determinou que o club debía avalar 13 millóns de euros para continuar na Liga de Fútbol Profesional. Ao non poder presentar dito aval, o equipo foi descendido administrativamente á Segunda B, ocupando o seu lugar na Segunda división o Club Deportivo Leganés.

O afundimento: I Parte Tras o descenso e a marcha da inmensa maioría dos xogadores que non percibiran as súas débedas, a formación compostelá afrontou a tempada con moi poucos efectivos e finalmente, tras unha pésima campaña na que os problemas económicos non desapareceron, a SD Compostela rematou a tempada 2003/2004 en penúltima posición do Grupo II de Segunda B consumando o seu descenso á Terceira división. Mais o impagamento das débedas contraídas con xogadores e empresas, estimadas en máis de mil millóns de pesetas, provocou ademais un novo descenso administrativo, desta vez á Preferente Autonómica galega, categoría á que o Compos volvía case trinta anos despois. Así as cousas, e co club ao bordo da desaparición,"El Compostela, al borde de la desaparición al reconocer los accionistas que no pueden pagar la deuda" Libertad Digital, 12 de abril de 2004 . nese mesmo ano 2004 o consello de administración aprobou iniciar o proceso de liquidación da entidade, pese á oposición dalgúns socios e do expresidente, José María Caneda. No verán de 2006 vendéronse mediante poxa todos os bens do equipo, incluídos os trofeos do club, a marca SD Compostela, os accesorios de lavandería, os coches do club, o material de oficina ou os sistemas de calefacción.Se puso en marcha la subasta de los bienes del Compostela (El Correo Gallego, 01.06.2006) Nesa poxa o expresidente José Albarrán pagou 61.260 euros por todos os trofeos logrados polo equipo nos seus máis de 40 anos de historia para que estes non se perdesen.El ex presidente José Albarrán pagará 61.260 euros por los trofeos de la SD (Galicia Hoxe, 4.7.2006)«Vendrán tiempos mejores para el Compostela». La Voz de Galicia. 8 de xullo de 2006.

O rexurdimento: I Parte Ao mesmo tempo que se iniciaba o proceso de liquidación da sociedade anónima SD Compostela, creouse en 2004 en Santiago de Compostela outro club (SD Campus Stellae) que herdou a xestión e explotación dos dereitos deportivos do club compostelán baixo a fórmula de cesión ao mesmo tempo que asumiu a xestión dos equipos deportivos da sociedade anónima en liquidación. O expresidente José María Caneda adquiriu na poxa pública o nome SD Compostela, e posteriormente pasou a ocupar a presidencia da SD Campus Stellae. Esta operación permitiu refundar o equipo, xa que xuridicamente se trataba doutro club (SD Campus Stellae) que carecía de débedas e que xestionaba os equipos deportivos da entidade que estaba a ser liquidada, utilizando a marca deportiva SD Compostela. Isto permitiulle competir en categorías nacionais con este nome, pese á oposición dos administradores concursais do equipo.Los administradores desautorizan a Caneda (La Voz de Galicia, 07.09.2006)

Tras catro tempadas en Preferente Autonómica, desde 2004 a 2008, finalmente o club conseguiu o ascenso á Terceira división na tempada 2007/2008, e iniciou a tempada 2008/2009 co obxectivo de ascender á Segunda B, conseguíndoo ao final da campaña tras proclamarse campión e imporse na promoción de ascenso ao Atlético Monzón aragonés (3-0 e 2-1)."El Compostela regresa a tercera" , El Correo Gallego.

O afundimento: II Parte A tempada 2009/10 non foi boa para a SD Compostela e de novo volveron repetirse os mesmos erros do pasado. Así, os impagamentos continuados, as ameazas de folga por parte dos xogadores, as débedas acumuladas e o mal inicio de liga, condenaron a SD Compostela ao descenso, que se fixo oficial a falta dunhas xornadas para o final da liga. A tempada foi moi mala pero tivo os seus bos momentos, como ser o primeiro equipo en puntuar en Ipurua, feudo da SD Eibar, tras ir perdendo 2-0, ou as vitorias a domicilio nos derbis xogados en Pasarón e na Malata ante o Pontevedra CF e o Racing de Ferrol.

Tras esa desastrosa tempada 2009/10, a tempada seguinte o Compos volveu á Preferente Autonómica, acumulando de novo ao descenso deportivo un descenso administrativo por impagamentos,"O Compostela descende a Preferente" , artigo en La Voz de Galicia, 2 de agosto de 2010. ao tempo que a Federación Galega de Fútbol instaba ao club a utilizar o nome de SD Campus Stellae e non o de SD Compostela que viña utilizando. Ademais, ese mesmo ano producíase o arquivo definitivo do concurso da sociedade anónima deportiva.https://www.boe.es/boe/dias/2011/01/26/pdfs/BOE-B-2011-2537.pdf