thumb|Tetraclinis articulata

Tetraclinis é un xénero de coníferas, da familia das cupresáceas, que ten só unha especie, Tetraclinis articulata. É unha planta nativa do noroeste africano, onde medra na Cordilleira do Atlas de Marrocos, Alxeria e Tunisia. Hai dúas pequenas poboacións europeas en Malta (da que é árbore nacional) e preto de Cartagena, no sueste da Península Ibérica.

É unha árbore monoica relativamente pequena, de 6 a 15 metros, aínda que raramente chega ós 20 m, de crecemento lento. A súa copa é estreita, aovada ou cónica, xa que as súas ramas principais están ergueitas. O cono ten catro valvas ou escamas lignificadas e opostas.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Árbores Categoría:Cupressaceae Categoría:Símbolos de Malta Categoría:Plantas descritas en 1892