A Universidade de Copenhague (en ) é a meirande e máis antiga universidade e instituto de investigación de Dinamarca. Fundada en 1479, é a segunda universidade máis antiga de Escandinavia despois da Universidade de Uppsala, en Suecia.

A Universidade de Copenhague consta de seis facultades e catro campus, todos situados en Copenhague. En total ten 36 departamentos e 122 centros de investigación, así como varios museos e xardíns botánicos dentro e fóra da capital danesa. A Universidade posúe tamén varias estacións de investigacións en Dinamarca, incluídas dúas en Groenlandia. Ademais, a Facultade de Ciencias Médicas e da Saúde e os hospitais públicos da rexión Capital e de Selandia constitúen o Hospital Universitario de Copenhague.

A data de outubro de 2022, 10 premios Nobel e 1 premio Turing estiveron asociados coa Universidade como estudantado ou profesorado. Entre os seus egresados hai un presidente da Asemblea Xeral das Nacións Unidas e 24 primeiros ministros do país.

Historia e características miniatura|dereita|A facultade de Humanidades. Foi fundada en 1479, e en 2010 contaba con arredor de 37.000 estudantes, a maioría mulleres (o 59%), e con máis de 7.000 empregados. A Universidade ten diversos campus distribuídos na cidade de Copenhaguen e na área metropolitana (Stor København). Os máis dos cursos son impartidos en lingua dinamarquesa, malia que tamén existe oferta en inglés, e máis reducida en alemán. A Universidade ten case 3.000 estudantes estranxeiros, metade dos cales proveñen doutros países nórdicos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina da Københavns Universitet