Espantallo e a señora King é unha serie de televisión estadounidense creada por Brad Buckner e Eugenie Ross-Leming que emitiu a CBS entre 1983 e 1987. En Galicia emitiuna a TVG.

Sinopse A serie protagonízana Kate Jackson e Bruce Boxleitner como a ama de casa divorciada e nai de dous fillos Amanda King e o axente secreto de alto nivel do goberno Lee Stetson que comezan unha estraña asociación resolvendo casos de espionaxe soviética e intrigas internacionais, e un eventual romance, ao se topar nunha estación de tren.

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 1983 Categoría:Series de televisión finalizadas en 1987 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión con versión galega Categoría:Series de televisión da CBS