Xosé Xabier Ron Fernández, nado en Lión o 14 de febreiro de 1969, é un profesor e político galego.

Traxectoria Naceu en Francia, fillo de emigrantes, e regresou a Galicia (ESPAÑA), licenciándose en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela. Dende 2016 traballou como docente de lingua francesa no IES de Ames, e dende setembro de 2024 no IES Breamo de Pontedeume. É especialista na lírica dos trobadores románicos, sobre todo do cancioneiro galego-portugués, dos que versou a súa tese de doutoramento defendida en 2016 e titulada Fenomenoloxía do don na lírica románica das primeiras xeracións, dirixida por Mercedes Brea López.

É militante do Partido Comunista de Galicia, sendo membro do Comité Central; é igualmente membro da executiva de Esquerda Unida, onde desenvolve a responsabilidade de Secretario de Movementos Sociais e coordinador comarcal en Compostela. Vencellado ás reivindicacións do movemento migratorio de Galicia é membro do Foro Galego de Inmigración desde a súa creación.

Foi elixido candidato á alcaldía por Esquerda Unida Compostela nas eleccións municipais de 2007 e 2011"IU elixe a Xavier Ron candidato á Alcaldía de Compostela" , artigo en Xornal de Galicia, 10 de outubro de 2010., e cabeza de lista pola provincia da Coruña nas eleccións xerais de 2008. Foi elixido deputado do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012 por Alternativa Galega de Esquerda.

Condena Foi detido o 28 de xaneiro de 2025 e o día seguinte posto en prisión provisional no centro penitenciario de Teixeiro por unha agresión sexual a unha menor. Entre xullo e novembro de 2024, tal e como quedou probado no fallo, producíronse distintos encontros entre o acusado e a súa alumna de doce anos que derivaron en varias violacións de carácter sádico e mesmo na transmisión de sífilis. O 1 de xullo de 2026 foi condenado a nove anos e medio de prisión por estes feitos.

Obra Os exilios que somos, fotopoemario de coautoría compartida con Irene Tomé (Alvarellos, 2020)Ficha da obra na páxina web da editorial.

Tradución Morte en Arán, de Tòni Escala (Hugin e Munin, 2019). Morrerei outro día, de Isabelle Alonso, tradución conxunta con Isabel Soto (Ed. Hugin e Munin, 2020) Diario dunha sufraxista, de Nicole Cadène (Laiovento, 2024).

Ensaio En transición. Europa y los retos de la representatividad. (Ed. Catarata, 2020)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Parlamento de Galicia Prisión provisional para el exdiputado de AGE Xabier Ron tras una denuncia de agresión sexual a una menor. 30 de xaneiro de 2025 en La Voz de Galicia.

Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Lión Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia pola AGE Categoría:Galegos de Francia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Tradutores do francés