miniatura|300px|Vías hispanas no Itinerario de Antonino. miniatura|Panel da vía XX en San Vicente de Fervenzas. A Vía XX, per loca maritima, era unha calzada romana, recollida no Itinerario de Antonino. Unía as cidades de Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga) bordeando o litoral atlántico da Gallaecia e pasando pola cidade de Brigantium (posiblemente, as actuais A Coruña ou Betanzos) e Lucus Augusti, onde se unía á Vía XIX e continuaba até Asturica Augusta. Certas etapas da vía tamén son mencionadas no Anónimo de Rávena.Suárez Piñeiro (2001), p. 82 Dela consérvanse varios miliarios.

Hai varios estudosos sobre o tema que ofrecen diferentes localización e que, ás veces, poden resultar contraditorias. Por exemplo, a mansio de Brigantium. Malia que tradicionalmente se asocia ben con A Coruña, ben con Betanzos, a localización desa mansio en concreto, hai autores que a asocian co campamento romano da Ciadella en Sobrado.VV.AA. (1991), p. 119Franco Maside (2000), p. 164Vázquez Gómez (1991), p. 39.

Percorrido No Itinerario, cítanse as seguintes etapas (correspondentes coas mansioAs mansio (en plural, mansiones) eran lugares con parada e instalacións para os viaxeiros do servizo de correo romano, o Cursum publicus.) da Vía XX: MansioMillas romanas entre cada mansio (1 milla de 1.480 mSáez Taboada (2002), p. 392 a 1.850 m; 1 estadio de 185 mVillanueva (2006), p. 29)Poboacións actuais  1   Bracara AugustaBraga  2   Aquis CelenisCaldas de Reis?  3   Vico SpacorumStadia CXCV (36,07 km)Rianxo - Boiro cruzando o río Ulla por Iria Flavia; ou VigoVillanueva (2006), p. 26  4   Ad Duas PontesStadia CL (27,75 km)Desembocadura río Tambre, Noia - Serra de Outes  5   GlandimiroStadia CLXXX (33,30 km)Brandomil - Zas  6   TrigundoXXII (32,58 km)A Silva - Cerceda; ou Taragoña  7   BrigantiumXXX (44,43 km)Campamento romano da Ciadella en Sobrado  8   CaranicoXVIII (26,66 km)Friol; ou Parga  9   Lucus AugustiXVII (25,18 km)Lugo  10   TimalinoXXII (32,58 km)Baralla  11   Ponte NeviaeXII (17,77 km)Pontes de Gatín, Liber, Becerreá (?)  12   UttarisXX (29,62 km)Castro das Coroas, A Veiga de Valcarce, comarca do Bierzo  13   BérgidoXVI (23,69 km)Castro Ventosa, Cacabelos  14   Asturica AugustaL (74,05 km)Astorga

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Vía romana Lista de vías romanas Vía XVIII Vía XIX Itinerario de Antonino

Categoría:Vías romanas de Gallaecia