Bullhead é un álbum da banda estadounidense de sludge metal Melvins, editado o 3 de maio de 1991 a través do selo Boner Records. Este álbum destaca por ter cancións máis longas que os anteriores traballos da banda (antes deste, as súas cancións adoitaban a durar entre 2 e 3 minutos).
Boner Records reeditou o álbum en vinilo no ano 2015, emparellado co seu traballo anterior Ozma.
A banda xaponesa de rock experimental Boris colle o seu nome da primeira canción deste disco.
Listaxe de cancións Todos os temas compostos por Buzz Osborne.
Notas
Categoría:Álbums de The Melvins Categoría:Álbums musicais de 1991 Categoría:Álbums de Boner Records