Periferia é unha novela de Iolanda Zúñiga. Foi publicada por Edicións Xerais en outubro de 2010, logo de acadar o Premio Xerais dese ano"Iolanda Zúñiga faise co premio Xerais cunha historia da periferia" , artigo en Xornal de Galicia, 15 de xuño de 2010.. Está ambientada na cidade de São Paulo.
Trama
Luciana e Brown son unha parella da periferia de São Paulo, nun arrabalde de favelas, unha zona marcada polo narcotráfico e a violencia. A historia narra o seu devir ao tempo que trata de pintar un fresco sobre a cidade actual, coa miseria e a falta de oportunidades.
Estilo e crítica
Estrutura miniatura|dereita|200px|Presentación da novela no CulturGal 2010. A novela está dividida en 11 seccións. Todas elas constan dun primeiro e moi longo parágrafo e dun segundo que apenas pasa dunha simple liña. A divisón da novela é como segue: A Cidade A Periferia A Coprotagonista O Carnaval O Narcotráfico O Amor O Fútbol O Crime Bonus track: o Cárcere Agradecementos Hidden track: o Funk
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na web da editorial. Planeta Periferia, blog da autora no que dá conta das circunstancias e contidos da novela. "A periferia brasileira do s. XXI en Ferrez e Iolanda Zúñiga (II)", artigo de Noa Fernández Pazo en Praza Pública, 11 de novembro de 2015.
Categoría:Obras literarias de 2010 Categoría:Novelas en galego Categoría:Obras gañadoras do Premio Xerais