Robert Ardrey, nado en Chicago (Illinois) o 16 de outubro de 1908 e finado en Cidade do Cabo o 14 de xaneiro de 1980, foi un guionista e autor teatral estadounidense.

Traxectoria

Na década de 1950 retomou os seus estudos académicos en Antropoloxía e ciencias do desenvolvemento"Finding Aid for the Robert Ardrey Papers, 1935-1960", Online Archive of California "Robert Ardrey", ficha en Allmovie (The New York Times): . African Genesis e The Territorial Imperative, xunto co The Naked Ape (Desmond Morris, 1967), foron das obras con mellor acollida no discurso público durante a década de 1960, que combatía as asuncións previas da antropoloxía. As ideas de Ardrey influíron en Arthur C. Clarke e Stanley Kubrick no desenvolvemento de 2001: Unha odisea do espazo"2001 Diary (excerpts)" Arthur C. Clarke, The Lost Worlds of 2001 (1972) ."Letter to the editor", Stanley Kubrick The New York Times, 27 de febreiro de 1972 ."Strange Odyssey: From Dart to Ardrey to Kubrick and Clarke", Richard D. Erlich et al, curso English studies/Film theory1997-2005 ."Moonwatcher's Memoir: A Diary of 2001, a Space Odyssey", Daniel Richter, Carroll & Graf, 2002 , así como a Sam Peckinpah, ao que Strother Martin proporcionou dous dos libros de ArdreyDavid Weddle. If They Move... Kill 'Em!: The Life and Times of Sam Peckinpah (p. 396). 1994 first edition: Grove Press, ISBN 0-8021-3776-8, ASIN 0802137768.Garner Simmons: Peckinpah: A Portrait in Montage (p. 128). 1982 first edition: University of Texas Press, ISBN 0-292-76493-6 .Marshall Fine. Bloody Sam: The Life and Films of Sam Peckinpah. 1991 first edition: Dutton Books, ISBN 1-55611-236-X, ISBN 978-1-55611-236-2. 2006 paperback edition: Miramax Books, ISBN 1-4013-5972-8, ISBN 978-1-4013-5972-0.. A novela de Hammond Innes Levkas Man (1971) tamén recibiu a influencia da visión de Ardrey sobre as raíces das agresións humanas na Idade de Pedra.

Paleoantropoloxía Robert Ardrey foi un dos defensores da teoría do cazador e do simio asasino, en tanto que escritor de ciencia ficción para os lectores iniciados en paleoantropoloxía, antropoloxía, etoloxía, paleontoloxía e evolución humana.

Ardrey postulou que os precursores do Australopithecus sobreviviron millóns de anos de seca no Mioceno e o Plioceno, mentres a sabana se estendía e as fragas se reducían, adaptándose ao estilo de caza das especies carnívoras. Os cambios nos métodos de supervivencia e organización social foron diferenciando gradualmente os pre-humanos dos outros primates. Os cambios na dieta propiciaron o desenvolvemento do cerebro humano.

A teoría do simio asasino postula que a agresión, un factor vital na caza con fins alimenticios, é unha característica fundamental que distingue os devanceiros do ser humano doutros primates.

Obra Ficción World's Beginning (1944). The Brotherhood of Fear (1952).

Non ficción African Genesis: A Personal Investigation into the Animal Origins and Nature of Man (1961). The Territorial Imperative: A Personal Inquiry into the Animal Origins of Property and Nations (1966) The Social Contract: A Personal Inquiry into the Evolutionary Sources of Order and Disorder (1970). The Hunting Hypothesis: A Personal Conclusion Concerning the Evolutionary Nature of Man (1976). Aggression and Violence in Man: A Dialogue Between Dr. L.S.B. Leakey and Robert Ardrey (1971).

Teatro Star Spangled (1936) Casey Jones (1938) God and Texas (1938) How To Get Tough About It (1938) Thunder Rock (1939; levada ao cine en 1942) Jeb (1946) Sing Me No Lullaby (1954) Shadow Of Heroes (1958)

Guións They Knew What They Wanted (1940). A Lady Takes a Chance (1943). The Green Years (1946). Song of Love (1947). The Three Musketeers (1948). Madame Bovary (1949). The Secret Garden (1949). The Adventures of Quentin Durward (1955) The Power and the Prize (1956). The Wonderful Country (1959). Four Horsemen of the Apocalypse (1962). Khartoum (1966), nomeada ao Oscar ao mellor guión orixinal). The Animal Within (1975; documental).

Recoñecementos Premio Sergel Drama (1935). Guggenheim fellowship (1937). Premio Sidney Howard Memorial (1940). Premio Theresa Helburn memorial (1961). Willkie Brothers grant for anthropology (1963). membro da Royal Society of Literature.

Vida persoal Robert Ardrey era fillo do editor Robert Leslie Ardrey e da profesora Marie Haswell. Acadou o graduado Phi Beta Kappa na University of Chicago, baixo a tutela de Thornton Wilder. En 1938 Ardrey casou con Helen Johnson, á que coñecera na universidade, divorciándose en 1960. Tiveron dous fillos, Ross e Daniel. En 1960 casou coa actriz de teatro surafricana Berdine Grunewald, que máis tarde ilustraría os seus libros.

O Arquivo Howard Gotlieb da Biblioteca Mugar Memorial da Universidade de Boston acolle a colección Robert Ardrey .

Notas

Categoría:Antropólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1980 Categoría:Nados en Chicago