Pixar Animation Studios é unha compañía de animación por ordenador especializada na produción de gráficos en 3D e con sede en Emeryville, California (Estados Unidos). Obtivo coas súas producións 16 premios Óscar da Academia, 7 Globos de Ouro e 11 Grammys, entre outros premios.

Pixar foi a creadora da primeira longametraxe comercial totalmente animada por ordenador, Toy Story, que se estreou o 22 de novembro de 1995 nos Estados Unidos. Despois de Toy Story produciu outras 18 películas (ata novembro de 2017): A Bug's Life (1997), Toy Story 2 (1999), Monsters, Inc. (2001), Finding Nemo (2003), The Incredibles (2004), Cars (2006), Ratatouille (2007), WALL-E (2008), Up (2009), Toy Story 3 (2010), Cars 2 (2011), Brave (2012), Monsters University (2013), Inside Out (2015), The Good Dinosaur (2015), Finding Dory (2016), Cars 3 (2017) e Coco (2017). As 19 películas debutaron con clasificacións CinemaScore de, polo mínimo, un "A−", indicando unha recepción positiva das audiencias. O estudio tamén produciu varias curtas animadas. A xullo de 2019, as súas películas gañaron aproximadamente 14 mil millóns de dólares en todo o mundo, cunha media bruta mundial de 680 millóns de dólares por filme.Pixar Movies at the Box Office Box Office Mojo Finding Nemo (2003), xunto coa súa secuela Finding Dory (2016), igual que Toy Story 3 (2010), están entre as 50 películas máis taquilleiras de tódolos tempos, coa última película sendo a terceira película animada con maior recadación de toda a historia cuns ingresos brutos de 1.063 millóns de dólares. Trece das películas de Pixar tamén se atopan entre as 50 películas animadas máis taquilleiras de tódolos tempos.

Pixar xurdiu como unha división da empresa Lucasfilm de George Lucas a principios dos anos oitenta do século XX, como departamento de investigación, de creación de hardware técnico e software especializado, sendo o departamento de animación (dirixido xa daquela por John Lasseter) unha pequena parte da empresa dedicada a crear imaxes e vídeos de demostración. En 1986, Steve Jobs, fundador de Apple, mercouna por 10 millóns de dólares e en 2006, The Walt Disney Company adquiriuna por 7 400 millóns de dólares. A adquisición rematouse o 5 de maio de 2006, convertendo a Pixar nunha filial de Disney.

A súa filmografía, producida co seu propio software RenderMan, inclúe algunhas das películas animadas de máis éxito e máis eloxiadas. Así mesmo, o equipo de Pixar recibiu varios premios polos seus logros técnicos no cine de animación. Para a produción dos seus filmes, o persoal do estudio desenvolveu a metodoloxía Pixar Braintrust que utilizan para a comunicación, supervisión e seguimento do equipo involucrado nunha película. Ademais das súas producións cinematográficas, outros produtos de Pixar inclúen videoxogos, programas de televisión, software de animación e anuncios publicitarios.

Entre as dezaseis películas de Pixar saídas despois da creación do Oscar ó mellor filme de animación, en 2002, nove foron nomeadas e oito delas, Finding Nemo, The Incredibles, Ratatouille, WALL-E, Up, Toy Story 3, Brave e Inside Out gañárono.

O 6 de setembro de 2009, os executivos de Pixar John Lasseter, Brad Bird, Pete Docter, Andrew Stanton e Lee Unkrich foron premiados co León de Ouro especial a toda unha carreira no Festival Internacional de Cine de Venecia. O premio foi entregado polo fundador de Lucasfilm, George Lucas.

Historia 1976-1989: Antecedentes e primeiras animacións Os antecedentes de Pixar remóntanse a 1974 cando Alexander Schure, fundador do Instituto de Tecnoloxía de Nova York e propietario dun estudio de animación, creou o Computer Graphics Lab co afán de producir a primeira película animada por ordenador na historia do cinema. Os seus primeiros empregados foron Ed Catmull, Malcolm Blanchard, Alvy Ray Smith e David DiFrancesco.Cs.cmu.edu. «Brief History of the New York Institute of Technology Computer Graphics Lab.» (en inglés). Consultado o 17 de xullo de 2016. A pesar de que a área foi pioneira en técnicas fundacionais da computación gráfica e chegou a producir unha cinta experimental titulada The Works, pronto tivo problemas financeirosMixergy.com. «The Story Behind Pixar» (en inglés). Consultado o 17 de xullo de 2016. e seis dos seus empregados, entre eles Catmull e Smith, renunciaron para irse a traballar con George Lucas en The Graphics Group, a división computacional do estudio Lucasfilm.Loweandmac.com. «CGI Story: The Development of Computer Generated Imaging». Consultado o 17 de xullo de 2016.Design.osu.edu. «CGI Story: The Development of Computer Generated Imaging». (en inglés). Consultado o 17 de xullo de 2016. Esta comezara as súas operacións en 1979 co obxecto de desenvolver «tecnoloxía computacional de vangarda». Catmull e Smith involucráronse na produción do precursor de RenderMan, un algoritmo de renderizado coñecido como REYES (polas súas siglas en inglés: «renders everything you ever saw»), e desenvolveron outras tecnoloxías como os «efectos de partículas» e certas ferramentas de animación.

miniatura|200px|Fotografía dunha Pixar Image Computer, no Museo Histórico de Ordenadores.

En 1982 o equipo empezou a colaborar con Industrial Light & Magic na produción de secuencias cinematográficas de efectos especiais e, dous anos despois, estreou a animación The Adventures of André and Wally B. de John Lasseter no SIGGRAPH. Despois de anos de investigación e fitos claves para o estudio como o «efecto Xénese» de Star Trek: The Wrath of Khan e o cabaleiro do vitral de Young Sherlock Holmes, Lucasfilm buscou escindir o equipo e estableceu conversacións con General Motors e Philips para a eventual transacción de The Graphics Group. A primeira tiña pensado destinalo ao deseño de automóbiles, mentres que Philips quería utilizar a súa tecnoloxía para o renderizado de tomografías. Con todo o acordo non se concretou e, en cambio, foi adquirida por Steve Jobs por cinco millóns de dólares, pouco despois da súa saída de Apple Computer. Este último decidiu establecela como unha nova compañía conformada polos 40 empregados de The Graphics Group, capitalizou cinco millóns de dólares adicionais e nomeou a Catmull e Smith como presidente e vicepresidente, respectivamente.

Aínda que a intención da nova empresa, e un dos motivos polos que foi rexeitada a transacción con General Motors e Philips, era producir a primeira longametraxe animada dixitalmente na historia do cinema, por un tempo estiveron a funcionar como unha compañía de venda de hardware cuxa principal oferta era a Pixar Image Computer. Este sistema estaba dirixido principalmente a axencias gobernamentais e á comunidade médica, aínda que non tivo o alcance esperado, era custoso e só vendeu 300 unidades. Walt Disney Studios era un dos seus clientes e buscaba incorporar a linguaxe da Image Computer ao seu proxecto Computer Animation Production System (CAPS), co que esperaba automatizar a animación das súas películas. En agosto do mesmo ano, Lasseter, que ata entón estivera traballando nalgunhas animacións para probar a capacidade da Image Computer, estreou Luxo Jr. no SIGGRAPH. A reacción da audiencia foi positiva e a primeira curtametraxe de Pixar recibiu un nomeamento aos premios Óscar como «Mellor curtametraxe animada». En 1987, de volta no SIGGRAPH, Pixar mostrou a curta Red's Dream que incluíu escenas renderizadas coa Image Computer e innovadores efectos de choiva e iluminación en comparación con Luxo Jr. A seguinte curtametraxe, Tin Toy, ademais de ser presentada tanto no SIGGRAPH como no Ottawa International Film Festival, obtivo o Óscar como «Mellor curtametraxe animada».

En 1988 a compañía lanzou a Pixar Image Computer II (P-II) e comezou a traballar no software de animación RenderMan. En xullo de 1989 Jobs asinou un convenio co estudio Colossal Pictures para a creación de anuncios televisivos e películas promocionais. Desta colaboración xurdiron anuncios para diversos produtos, entre eles unha marca de doces de Life Savers (que tardou tres meses en ser completado), a Lotaría de California, Trident e Listerine. Ademais, RenderMan comezaba a chamar a atención dalgunhas empresas tecnolóxicas como IBM e Intel, que adquiriron a súa licenza durante esta etapa. Ese mesmo ano o estudio estreou unha nova curtametraxe titulada Knick Knack, producido en 3D estereoscópico e «un das últimas curtas animados persoalmente por Lasseter durante os anos independentes de Pixar».

1990-2000: Primeiras longametraxes animadas por computadora En abril de 1990 Pixar vendeu a súa división de hardware a Vicom Systems, e ese mesmo ano os estudios foron trasladados ao parque científico Point Richmond Tech Center, na cidade de Richmond. Durante ese período xurdiron as primeiras conversacións con Walt Disney Feature Animation, que estaba interesado en realizar unha película baseada no exitoso Tin Toy. Con tal de reducir os custos operativos do estudio e mellorar a súa situación financeira, Jobs fixo recurtes masivos de persoal a principios de 1991. Para marzo de 1991 a cantidade de empregados en Pixar era a mesma que tivo nos seus primeiros anos de funcionamento. A mediados dese ano chegou a un acordo por 26 millóns de dólares con Disney para a realización de tres películas animadas, que incluía o filme baseado en Tin Toy que máis tarde se convertería en Toy Story. O acordo estipulou que Pixar tería que crear as películas, mentres que Disney brindaría os recursos necesarios para a súa produción, promoción e distribución, quedándose cos dereitos e licenzas de mercadotecnia dos seus produtos. Tamén obtería a maior parte das ganancias, e Pixar só obtería unha reducida porcentaxe dos ingresos de despacho de billetes e da venda dos formatos de vídeo.

Pixar continuou realizando anuncios comerciais de Listerine e algúns produtos de Lifesavers, mentres levaba a cabo a produción da súa primeira longametraxe. As súas animacións concedéronlle varios premios e distincións entre 1992 e 1994, e a mediados de 1994 Lasseter, Andrew Stanton, Pete Docter e Joe Ranft esbozaron os argumentos de A Bug's Life, Monsters, Inc. e Finding Nemo. A pesar do anterior, o estudio rexistrou perdas por 2,4 millóns de dólares ese ano por mor dos seus problemas financeiros. Dita situación levou a que Jobs considerase a súa venda a Microsoft, con todo cambiou de decisión cando The New York Times publicou unha recensión na que prognosticaba que Toy Story acabaría sendo un éxito notable para o estudio, sumado ao esperado anuncio por parte de Disney no que daba a coñecer a distribución desa película para a tempada de Nadal de 1995. En febreiro de 1995 Jobs nomeouse así mesmo presidente e director executivo, ao mesmo tempo que levaban a cabo os labores de produción de A Bug's Life, tamén dirixida por Lasseter en coordinación con Stanton. A firma dun novo contrato con Microsoft consistente na adquisición de varias licenzas de RenderMan permitiu que Pixar rexistrase as súas primeiras ganancias ao longo da súa historia, ao xerar 3,1 millóns de ingresos netos.