Teru (小橋 照彦, Kobashi Teruhiko, nado o 8 de xuño de 1971 en Hakodate, Hokkaido, Xapón) é o vocalista da banda de rock xaponés chamada Glay. Ten unha amizade moi estreita cos seus compañeiros de banda Takuro e Hisashi. Casou coa cantante Ami Onuki do grupo de J-pop Puffy en abril de 2002, que deu a luz á súa filla en marzo de 2003. El ten outros dous fillos, un neno e unha nena, dun matrimonio anterior.
Ademais de cantar, Teru é tamén un artista. El deseña algún dos produtos de Glay e algunhas campañas non relacionadas co grupo. Tamén traballou como narrador da película animada "Highway Jenny", en 2006. Cando era neno, adoitaba xogar ao fútbol e o béisbol e cría que podería converterse nun atleta. Con todo, na súa adolescencia interesouse pola música e comezou a tocar a batería.
Teru participou en varias campañas humanitarias como a White Band e o Red Ribbon Live. En 2007 e 2008 Teru protagonizou unha campaña para a sensibilización sobre o VIH onde o mesmo facíase un test da enfermidade. Teru presenta un programa de radio, "Teru Me Night Glay", en Bay FM.
Músicas e letras compostas por Teru ACID HEAD (do single "Zutto futari de…" - letra xunto a Takuro; música de Takuro) Hello my life (do single "Winter, again" - letra xunto a Takuro; música de Takuro) Shuumatsu no Baby Talk (do álbum "BEAT out!" - música e letra) Little Lovebirds (do single "Yuuwaku" - música e letra) Rock Icon (do single "Mermaid" - letra xunto a Takuro; música de Takuro) Super Ball 425 (do single "STAY TUNED" - letra; música de Takuro) BACK UP (do single "STAY TUNED" - música e letra) BLAST (do álbum "THE FRUSTRATED" - música e letra) I Will~ (do álbum "LOVE IS BEAUTIFUL" - música e letra)
Participacións especiais en traballos doutros artistas Música "Zero Landmine", con outros cantantes participantes do proxecto "No More Landmine" Música "Fuyuu no Etorage" de Misia (álbum "Singer for Singer") Música "Love Clover", da cantante Miho Nakayama Música "Ango", de Yukinojo Mori (álbum "Poetic Evolution") Música "Migratory Bird" da banda taiwanesa Mayday Música "Say Something" de Kyosuke Himuro (álbum "In The Mood") Música "umare kuru kodomotachino tameni", con Kazumaza Oda e Miliya Kato Música "Still Love", do rapeiro xaponés MCU. Música "Teen Titans Go!" de Puffy, onde aparece cun solo de guitarra
Véxase tamén Ligazóns externas Blog do programa de rádio de TERU
Categoría:Cantantes do Xapón Categoría:Compositores Categoría:Músicos do Xapón Categoría:Nados na prefectura de Hokkaido