miniatura|250px|Lámina de bivalvos británicos de 1859. Co número 15, Ensis siliqua.

O longueirón,longueirón no dicionario da RAG, (Ensis siliqua) é unha especie de molusco bivalvo da orde dos veneroides e familia dos fáridos.

A especie foi definida en 1758 por Linnaeus na 10ª edición do seu Systema Naturae co nome de Solen siliqua.Linnaeus, C. (1758): Systema naturæ, sive regna tria naturæ systematice proposita per secundum classes, ordines, genera, & species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Tomus I. Editio decima, reformata. Holmiae. (Laurentii Salvii). Posteriormente reclasificouse no xénero Ensis.

É comestíbel e moi apreciado gastronomicamente.

Características Ten unha cuncha alongada, rectangular, de até 22 cm de lonxitude, coas valvas simétricas, de cor branca azulada, co perióstraco de cor parda nas marxes.Rolán e Otero (1996), p. 238.

Distribución

Vive en praias de areas un pouco lamacentas da zona infralitoral.

É unha especie moi común nos océano Atlántico nororiental, desde Noruega até o noroeste de África (Marrocos), pasando polo mar do Norte, o canal da Mancha, golfo de Biscaia, Cantábrico e as costas da atlánticas da Península Ibérica (entre elas as galegas), e no Mediterráneo.Ensis siliqua (Linnaeus, 1758) no WoRMS.

Tamén habita nas costas das illas da Macaronesia.Ardovini & Cossignani (2004).

Bioloxía

Os sexos están separados, e é unha especie ovípara.

Aliméntase de fitoplancton e de partículas de materia orgánica en suspensión.

Vive en buratos que escava nos fondos mariños que chegan até os 50 cm de profundidade.

En Galicia Segundo Rolán e Otero-Schmitt, encóntrase en toda a costa galega, sendo moi abundante.

Estes autores danlle os nomes populares de carallote, carallete, navalla, longueirón e caramelo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Ardovini, R. & Cossignani, T. (2004): West African seashells (including Azores, Madeira and Canary Is.) = Conchiglie dell'Africa Occidentale (incluse Azzorre, Madeira e Canarie). English-Italian edition. L'Informatore Piceno: Ancona, Italy. ISBN 88-86070-11-X. Gofas, S.; Le Renard, J. & Bouchet, P. (2001): "Mollusca", en: Costello, M. J. et al. (eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 180–213. ISBN 2-85653-538-0. Montero Agüera, I. (1971): Moluscos bivalvos españoles. Sevilla: Publicaciones de la Universidad de Sevilla, 5. Rolán, R. e Jorge Otero-Schmitt (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-072-1.

Outros artigos Lista de bivalvos de Galicia

Ligazóns externas Ficha de Ensis siliqua en Pesacadegalicia.com. Xunta de Galicia.

Categoría:Veneroideos Categoría:Moluscos de Galicia Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Marisco