miniatura|200px|Radisson SAS Royal Hotel en Copenhague. miniatura|200px|Banco Nacional de Dinamarca de 1956. miniatura|200px|Cadeira Ant de 1952. miniatura|200px|The Egg de 1958. Arne Jacobsen, nado o 11 de febreiro de 1902 en Copenhague e finado o 24 de marzo de 1971, foi un arquitecto e deseñador dinamarqués.

Traxectoria Jacobsen foi albanel por uns anos. Estudou arquitectura na Kongelige Danske Kunstakademi de Copenhague, onde se graduou en 1927. Fundou o seu propio estudio en Hellerup. As súas influencias foron Le Corbusier, Asplund e Ludwig Mies van der Rohe. Foi pioneiro do deseño moderno en Dinamarca coa súa obra "A casa do futuro", deseñada xunto a Fleming Lassen en 1929. O seu maior proxecto foi o edificio para a terminal aérea SAS e o Royal Hotel de Copenhague (1956-1960), onde Jacobsen deseñou tódolos detalles como a tapicería e a iluminación.

Moitos dos mobles deseñados por Jacobsen convertéronse en clásicos, entre eles a cadeira Ant (formiga) de 1951.

Obras destacadas Arquitectura Bellavista en Klampenborg (1933-34). Cine Bellevue (1935-36). Gasolineira en Skovshoved, Copenhague (1937). Casa do concello de Århus (1939-42). Casa do concello de Søllerød (1940-42). Radisson SAS Royal Hotel de Copenhague (1958-1960). Toms Chocolate Factories en Ballerup (1961). Sede do Banco Nacional de Dinamarca, Copenhague (comenzado en 1965)

Mobles Cadeira Ant (1952). Cadeira Modelo 3107 (1955). Cadeira Grand Prix (1957). Cadeira Egg (1958). Cadeira Swan (1958).

Véxase tamén Ligazóns externas

Páxina web conmemorativa do centenario de Arne Jacobsen

Categoría:Arquitectos de Dinamarca Categoría:Arquitectos do Movemento Moderno Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1971