A Sociedade Deportiva Tirán é un club de remo da parroquia de Tirán, no concello de Moaña (Pontevedra). Foi fundado en 1993 trala fusión dos dous clubs de remo da parroquia. Compite na Liga ACT despois de acadar o ascenso na tempada 2020.
A Sociedade Deportiva Tirán mantén unha rivalidade coa Sociedade Deportiva Samertolameu da parroquia veciña de Meira, coa que disputa anualmente dende 2019 unha regata denominada O Desafío.
Historia A parroquia de Tirán desenvolveu unha gran tradición de remo a mediados do século XX, materializándose na vitoria en 1961 no Campionato de España de Traiñeiras. A partir dos anos 70 o remo revitalizouse en Galicia e fundáronse na parroquia dous equipos: o Club de Remo San Xoán de Tirán e Nosa Señora Dos Remedios de Tirán. Estes dous clubs uníronse en 1993 dando lugar á Sociedade Deportiva Tirán. San Juan de Tirán Nosa Señora dos Remedios de Tirán
O novo club gañou en 1996 e 1997 dous novos Campionatos de España de Traiñeiras e quedou segundo na Bandeira da Concha de 1996. Durante eses anos converteuse no principal club galego, rivalizando coa Sociedade Deportiva Samertolameu, da veciña parroquia de Meira.
En 2003 foi un dos equipos fundadores da Liga ACT, pero na segunda tempada descendeu á Liga Noroeste de Traiñeiras. Despois de varios anos en dita categoría, gañou a liga galega no 2007 e ascendeu de novo á liga ACT. Foi subindo postos na clasificación ano a ano e na tempada 2011 fixo historia ao conseguir a súa primeira bandeira na Liga ACT ao impoñerse na XXI Bandeira de Orio, converténdose no terceiro equipo galego en gañar unha bandeira da máxima competición xunto con Mecos (dúas bandeiras) e Club de Remo Cabo da Cruz (unha bandeira). Esa mesma tempada, a traiñeira de Moaña acadou a súa mellor clasificación na Liga ACT até ese momento ao finalizar na 5ª posición, marca que superou ao ano seguinte ao rematar no 4º lugar, ano no que ademais quedaron en terceira posición na Bandeira da Concha. miniatura|A SD Tirán na Bandeira da Concha en 2016. O club mantívose durante os anos seguintes na parte media da táboa ata que en 2018 quedou no último lugar da táboa, descendendo á Liga Galega por un só punto. En 2019 rematou en segundo lugar por detrás do Club de Remo Ares e disputou a promoción de ascenso, pero sen acadar o obxectivo de volver á ACT. En 2020 gañou a Liga Galega de Traiñeiras, cun empate a puntos con Samertolameu. Disputou de novo a promoción de ascenso, logrando esta vez volver á máxima categoría despois de acadar a vitoria en Bermeo e o segundo posto en Portugalete.
Palmarés Títulos nacionais 3 Campionatos de España de traiñeiras (1961 -baixo o nome de Educación y Descanso de Moaña-, 1996 e 1997)
Títulos rexionais 2 Ligas Galegas de Traiñeiras (2007 e 2020) 10 Campionatos Galegos de Traiñeiras (1989, 1995, 1996, 1997, 2009, 2010, 2011, 2012, 2013 e 2017)
Bandeiras
Liga ACT 1 Bandeira de Orio (2011) 1 Bandeira Flavióbriga (2012) 1 Bandeira Ambilamp (2013) 1 Bandeira Concello de Moaña (2013)
Bandeiras galegas 8 Bandeiras Teresa Herrera (1995, 1996, 1997, 1998, 2000, 2001, 2007 e 2016) 1 Bandeira Concello de Moaña (2001) 2 Copas do Xeneralísimo de remo (1960 e 1961) 6 Bandeiras El Corte Inglés de Vigo (1983, 1984, 1996, 1997, 1998 e 2000) 7 Bandeiras Conde de Fenosa (1988, 1995, 1996, 1997, 1998, 2000 e 2001)
Outras bandeiras fóra de Galicia 1 Bandeira de Getxo (1996) 4 Bandeiras de Donibane Lohizune (1998, 2000, 2001 e 2002) 2 Bandeiras Príncipe de Asturias (1998 e 2007) 1 Bandeira da Rioxa (2001) 1 Bandeira da Sociedad Deportiva de Remo Castro Urdiales (2008)
Participacións de Tirán nas ligas ACT e LGT Categoría202020192018201720162015201420132012201120102009200820072006200520042003Liga ACT 12º7º6º7º7º5º 4º 5º 7º 9º 10º 12º 10ºLiga LGT 1º2º 1º5º4º Vitorias41 211000121000
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Información da SD Tirán na web da Eusko Label Liga
Tiran Categoría:Deporte en Moaña