O río Limia (en portugués rio Lima) é un río ibérico que decorre por Galiza e por Portugal.

Curso Nace a 975 m de altitude no monte Talariño, na provincia de Ourense, atravesa o sur de Galiza, pasando por Sarreaus, Xinzo de Limia, Bande, Muíños, Lobios e entra en Portugal tras percorrer 41 km xunto á árida Serra da Peneda, baña Ponte da Barca e Ponte de Lima e desauga en Viana do Castelo. En total ten unha lonxitude de 108 km. Todo o seu curso, tanto en Galiza como en Portugal, atravesa rexións fértiles.

No curso galego atópase o encoro das Conchas,Mapa na web da CHMS que ten graves problemas de contaminación.

Afluentes Río Salas Río Cávado

Historia Os romanos identificaron o río Limia co mitolóxico río Lethes. Tiña a propiedade quen atravesase este río mítico de esquecer cal era a súa orixe e ficaba a morar na súa ribeira. Conta Plinio, que o xeneral Décimo Xunio Bruto Galaico no 138 antes da era actual atreveuse a pasalo de primeiro e, dende a outra beira, comezou a citar os nomes dos seus soldados para disipar os seus temores. Á súa beira construíuse o campamento romano Aquis Querquennis.

Este relato histórico conmemórase en Xinzo de Limia tódolos anos na Festa do Esquecemento.

Chamáchesme dos da néboa/ porque paso o río Limia;/ eu chámote porreteiro,/ ceboleiro de Xendive.Xendive é lugar de San Salvador de Torno, no concello de Lobios. Xaquín Lorenxo explica que chaman “os da néboa” á xente do val do río Limia, por ser frecuentes as néboas que se producen no inverno, e que “ceboleiros” son os veciños de Xendive.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Encoro das Conchas Encoro de Lindoso Bilbiografía

Categoría:Ríos da provincia de Ourense Categoría:Ríos de Portugal