Un, dos, tres... ensaïmades i res més, que se podería traducir a galego como Un, dous, tres... ensaimadas e nada máis, é unha película de comedia de 1985 dirixida por Joan Solivellas e protagonizada por Luis Escobar Kirkpatrick, Xesc Forteza, Margaluz, Joan Monleón, Ovidi Montllor ou Mary Santpere, entre outros.
A película foi producida por diversas produtoras, como S'oliba Films, P.C. Teide, Profilmar e J. Olivers P.C. O xefe de produción foi Josep Maria Forn. O filme presentouse ao público balear en 1985, e debido ao éxito que tivo no arquipélago proxectouse tamén en diversas salas do resto de España, mais sen o mesmo éxito.
Sinopse Don Miquel é propietario dun hotel en Palma. Está ameazado de desafiuzamento e espera pagar todas as súas débedas cunha egua, sempre e cando esta venza na próxima carreira no hipódromo. Pero, pouco antes da carreira, a egua desaparece.
Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes en lingua catalá Categoría:Filmes de 1985