miniatura|Interior do pavillón. O Brose Arena, é un pavillón deportivo situado na cidade de Bamberg, Alemaña, no estado de Baviera. Foi comezado a construír en 2000 e inaugurado un ano despois, en 2001. Con capacidade para 6.249 en partidos de baloncesto, alberga os encontros como local do Brose Baskets, equipo que compite na Basketball Bundesliga, máxima competición do baloncesto alemán e eventualmente na Euroliga.
O recinto orixinariamente tiña capacidade para 4.750 persoas mais foi remodelado e reinaugurado en outubro de 2006. Para outros eventos, como concertos, o pavillón pode albergar entre 9.000 e 10.000 espectadores.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Brose Baskets Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Pavillóns de Alemaña Categoría:Pavillóns de baloncesto de Alemaña