O Premio Vicente Risco de Creación Literaria é un premio literario convocado polo concello de Ourense, a Fundación Vicente Risco e a editorial Sotelo Blanco. Ata a edición de 2006 denominouse Premio Risco de Literatura fantástica.
En 2022 o concello de Ourense anunciou que os premios serían reorientados para promoveren a obra de autores locais novos.
Obras gañadoras 2000: A rosa de Borges de Xosé Carlos Caneiro 2001: O caderno de Xabier López López 2002: A embaixada do vinagre de Xosé Luís Martínez Pereiro 2003: O sangue dos camiños de Ramón Caride Ogando 2004: premio deserto 2005: Un escuro rumor tralo silencio de Isidro Novo 2006: Os mércores de Fra de Xurxo Sierra Veloso 2007: Para dicir abril de Xosé Vázquez Pintor 2008: premio deserto 2009: A do vinte e un de Hixinio Puentes 2010: Deus xogando aos dados de Fernando Rodríguez Méndez 2011: Olladas de Adelaida Vidal 2012: Todos os días de Alberto Ramos 2013: As escaleiras do Gran Hotel de Rubén Martínez Alonso 2014: A verdade nos espellos de Pablo Rubén Eyré 2015: Transición de Pablo Fernández Barba 2016: Os donos das cinsas de Beni Yáñez"Benigno Yáñez gaña o XVII Premio Vicente Risco de Creación Literaria con Os donos das cinsas" , artigo na web da AELG, 22 de novembro de 2016. 2017: A simetría das bestas de Alberto Ramos 2018: Premio deserto 2019: O anxo de Durero de Jorge Llorca 2020: Lousas de Xesús Manuel Marcos 2021: A casa da mina de Carmen Caramés
Notas
Vicente Risco Categoría:Vicente Risco