Luis Cadarso Rey, nado en Noia o 24 de novembro de 1843 e finado en Cavite (Filipinas) o 1 de maio de 1898, foi un capitán galego da Armada española que foi ascendido postumamente a Almirante despois de perder a vida na batalla de Cavite, no contexto da Guerra hispano-estadounidense.

Traxectoria Foi o derradeiro fillo do matrimonio conformado por Luis Cadarso Ayarza, avogado natural de Viana (Navarra), e a súa muller, Manuela Rey de Andrade y San Martín, natural de Noia. No seu bautizo Luis recibiu o mesmo nome que outro irmán que lles nacera ós seus pais e que morrera no ano precedente ó seu nacemento. A súa familia pertencía á burguesía noiesa.

Luis Cadarso casou en tres ocasións e deixou ampla descendenciahttp://dawsr.wordpress.com/2009/11/01/el-almirante-luis-cadarso-rey-1843-1898/. Ademais, Alejandro Rodríguez Cadarso, político e médico galego, deputado pola ORGA durante a Segunda República española e reitor da Universidade de Santiago de Compostela, era neto do seu irmán máis vello.

Recoñecementos Polo seu gran valor que demostrou durante a batalla de Cavite, na que perdeu a vida, foi ascendido postumamente a Almirante. Na súa vila natal existe un monumento adicado a el, e tamén está mencionado o seu nome na lista do Monumento a los Héroes de Cavite y Santiago en Cartagena, na provincia de Murcia. Nas cidades de Coruña, Madrid e Valencia hai unha rúa con seu nome.

Por outra banda, dous buques da Armada foros bautizados na súa honra: o destrutor da Clase Bustamante Cadarso (C) e o patrulleiro da Clase Lazaga Cadarso (P-03).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía de Luis Cadarso Rey

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Nados en Noia Categoría:Nados en 1843 Categoría:Finados en 1898